Monforte, 2 de agosto de 2022. O Partido Popular de Monforte non da crédito ás palabras do alcalde da cidade, José Tomé, en relación ao problema da ampliación das terrazas. Os populares quiexáronse da ineficiente xestión do goberno local, pois a unha semana de empezar as festas patronais, os hosteleiros aínda non tiñan noticias ao respecto.
A portavoz, Katy Varela, explica que estas declaracións son un insulto á hostelería pois son precisamente os empresarios deste sector os que teñen o potencial de revitalizar a economía de Monforte. Por iso, desde o grupo municipal popular piden a Tomé que pense máis nos cidadáns do municipio e menos no seu ego político.
Katy Varela di: “É necesario empatizar cos cidadáns e a súas circunstancias, e neste caso, os empresarios deben coñecer con máis tempo a organización do espazo público para o uso de terrazas, pois influén en máis factores como a contratación do persoal e o encargo de provisións.”
Contradiccións
A pesar de verse obrigado a saír nos medios de comunicacións para dar explicacións, o alcalde de Monforte segue a ter unha nefasta xestión das festas patronais. Aínda que presentou o programa das festas a semana pasada, ningún establecemento da cidade recibiu o programa. Unha mostra máis do retraso na actuación do equipo de goberno municipal.