Lugo, 27 de xuño de 2022. O maxistrado do Penal da Coruña, José Antonio Vázquez Taín, ofrecerá o vindeiro xoves 30 de xuño en Lugo unha conferencia convidado polo Partido Popular da provincia de Lugo. Nesta ocasión, o #EspazoAbertoPopular trasladarase á sede de Afundación en Lugo onde Vázquez Taín falará, a partir das 19.30 horas, sobre ‘Redes sociais: entre a liberdade de expresión e o delito’. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.
A través desta conferencia, o PP da provincia pretende amosar o seu compromiso coa búsqueda de ferramentas útiles para unha sociedade sometida a mutacións permanentes. Neste caso, “queremos aportar información sobre o impacto, tanto positivo como negativo, das redes sociais, na sociedade en xeral; así coma o abuso e uso incorrecto das novas tecnoloxías que pode levar asociado un novo paradigma onde o límite entre a liberdade de expresión e o delito se volve cada vez máis difuso”.
O secretario de organización da formación, Javier Vázquez Prado, explica que “consideramos necesario transmitir información co obxectivo de actualizar e orientar á sociedade en xeral e aos profesionais da educación e familias en particular, sobre o impacto que as redes están a causar no noso entorno”.
Esta nova conferencia súmase ás distintas actividades de interese social e cultural que o Partido Popular da provincia de Lugo desenvolve periodicamente co obxectivo de abrir o Partido aos lucenses. O #EspazoAbertoPopular serve para estudar, analizar ou reflexionar sobre distintos ámbitos de interese. De feito, teñen participado a consultora de neurocomunicación Marta Pinillos, o economista Daniel Lacalle ou o profesor universitario e investigador Enrique José Varela Álvarez.