Partido Popular de Lugo

Candia di no congreso do PP de Galicia que “Lugo non fallou e non fallará” nas próximas citas electorais e remarca o reto de conseguir máis alcaldías e o goberno da Deputación

Lugo, 22 de maio de 2022. “Agradecemento e compromiso” foron as dúas verbas sobre as que xirou a intervención da presidenta provincial dos populares lucenses, Elena Candia, na clausura do XVIII congreso do PP de Galicia, de cuxo comité organizador é presidenta. Candia destacou que hoxe, no congreso en Pontevedra, “escribimos unha nova páxina na historia brillante do PP de Galicia, con Alfonso Rueda á cabeza e con todos nós axudando e apoiando”. Mostrouse convencida de que “hoxe poñemos os cimentos sólidos para tres retos: recuperar alcaldías e recuperar deputacións, contribuír a que Alberto Núñez Feijóo sexa o presidente do Goberno de España, porque España necesítao e para apuntalar a quinta maioría absoluta como Galicia merece”.

Con respecto á verba “agradecemento”, Candia destacou: “Agradecemento ao noso presidente Feijóo, un presidente que falou facendo, que levou á xestión pública os valores que aprendemos no noso rural: dicir a verdade á xente e non gastar máis do que se ten”. E tamén agradecemento a Alfonso Rueda, “que asume hoxe un reto e responsabilidade compartida con todos nós; sabemos que o vai facer ben”.

De compromiso, a presidenta dos populares lucenses, sinalou: “Compromiso e lealdade contigo Alfonso, porque non sentimos identificados contigo. Pasaches da sala de máquinas á ponte de mando. A túa lealdade durante todos estes anos é incuestionable, os éxitos que tivo o PP de Galicia tamén tiñan o teu nome como secretario xeral. Agora seguiremos construíndo ese partido ganador que ten por diante  tres citas importantísimas”. Candia afirmou que o PP de Lugo non fallou nunca e non fallará nas tres próximas  grandes citadas electorais.

Elena Candia dixo do novo presidente do PP de Galicia: “Alfonso teno todo para ser un bo presidente. Ten experiencia, contrastada, nun momento no que vemos como cada día intentan despistarnos con debates estériles para evitar  que xestionemos o que realmente  importante á xente”. Destacou que “Alfonso coñece os concellos, que son peza fundamental no noso país; os nosos alcaldes e os nosos voceiros son todo; son as voces que representan as necesidades do territorio. Alfonso sabe escoitalos e soubo apoialos durante a súa etapa de xestión e seguirao facendo”. De Rueda, Candia dixo tamén que é “o gran abandeirado do Camiño de Santiago”. A presidenta dos populares lucenses sinalou que “somos grandes porque vos temos a vos, aos militantes; este  partido non é nada sen cada militante, sen cada simpatizante, sen as persoas que colocan os carteis nas campañas, que ensobran as papeletas, que fan as chamadas para cada acto, que son capaces e resilientes”.