Partido Popular de Lugo

Daniel Vega pon en valor o investimento de 12.750 euros da Xunta para a mellora da antiga escola da Rochela

“Mentres a Xunta inviste na mellora da antiga escola da Rochela, o goberno local cobra aos veciños unha taxa de 400 euros polo permiso para a realización das obras”. Así o sinala o portavoz municipal e deputado autonómico, Daniel Vega, que hoxe mantivo unha reunión cos veciños da parroquia da Rochela. 

 

O popular explicou que a Xunta achega “un investimento total de 12.750 euros, 12.000 en obras para eliminar barreiras arquitectónicas, substituír as ventás vellas por unhas novas e arranxar e pintar o local polo exterior e 750 para equipamento: mesas e cadeiras. “É un investimento moi importante, co que mellorar a escola de A Rochela; despois de ter xa realizado melloras fai dous anos por un importe de 6.000 euros nesta antiga escola, neste centro social, ao que acoden os veciños cando se desenvolven actividades culturais, lúdicas, e onde a asociación de veciños realiza as súas reunións”.

 

Vega manifestou: “Botamos en falta investimento por parte do goberno municipal do BNG, que o único que fai é poñer paus nas rodas, atrancos ao investimento da Xunta no noso municipio”. Esta vez, o Concello, gobernado polo Bloque, “cobrou unha taxa municipal por licencia de obra de 400 euros. Nós esperabamos  que non se cobrara esta taxa aos veciños, porque é un local social, público. Este goberno do BNG, en relación con esta escola, o único que fixo foi cobrar unha taxa de 400 euros”.

 

O mesmo representante popular anunciou: “No próximo pleno pediremos que se exima de este pago aos veciños; os populares seguimos traballando e xestionando orzamento para beneficio do noso pobo, do rural, e en definitiva de Ribadeo”.