Partido Popular de Lugo

O Grupo Municipal Popular de Burela preguntará no vindeiro pleno sobre as inspeccións que están a realizar os técnicos da empresa concesionaria da auga por orde do goberno local

O Grupo Municipal Popularde Burela fará unha pregunta no vindeiro pleno ordinario ante a denuncia pública efectuada por diversos negocios de Burela no referente ás inspeccións que técnicos da empresa Espina&Delfín -concesionaria do servizo da auga- están a levar a cabo, segundo lle indicaron eles mesmos aos donos dos negocios, por mandato do Concello de Burela.

 

Segundo anunciaron os empregados da empresa concesionaria, a inspección sobre os consumos de auga vaise estender ata a 60 negocios da vila.

 

Polo tanto, dende o Grupo Municipal Popular e ante as declaracións efectuadas polos empregados desta empresa que sempre se comportou coa máxima seriedade, “queremos saber se o alcalde ten noticia desta situación, se foi o propio alcalde quen deu orde de actuar neste sentido ou se foi algún outro membro do equipo de goberno do Sr. Llano”.