Partido Popular de Lugo

Daniel Vega entrega libros aos colexios e ludotecas do municipio sobre Carballo Calero e outras temáticas

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, fixo entrega de libros ao colexio público do municipio -CEIP Gregorio Sanz-, o colexio concertado Sagrado Corazón, a escola infantil e ás ludotecas da vila. A temática da maioría dos libros é Carballo Calero, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas 2020.

 

A Real Academia Galega acordou homenaxear ao escritor e profeso ferrolán no ano no que se cumpren 110 anos do seu nacemento e 30 do seu falecemento. Con motivo da pandemia do coronavirus e do estado de alarma decretado para a xestión da situación derivada desta crise sanitaria, foron aprazados os actos de homenaxe dende o 17 de maio a este sábado 31 de outubro.

 

Daniel Vega xestionou ante a Xunta a achega destes libros ao considerar “moi importante facilitar material aos rapaces e rapazas e, especialmente, ao alumnado de Educación Infantil para iniciarse na lectura” en xeral e, neste ocasión, tamén para coñecer ao autor homenaxeado polas Letras Galegas 2020.