Partido Popular de Lugo

Manuel Rouco agradece “o esforzo da Xunta por crear emprego” ao aportar máis de 240.000€ para a formación de 90 parados

BURELA, 21 de setembro de 2018.- “A Xunta de Galicia apórtalle cartos para a realización de cursos formación de personas en situación de desemprego ao Concello de Burela, e o equipo de goberno non é quen de investilos na súa totalidade”, afirma Manuel Rouco, o presidente da Xestora do PP burelense, quen engade que “o alcalde, que tamén ostenta a delegación de emprego, non publicita nin moito nin pouco estas actividades formativas, provocando que moita xente non se enterase”.

Fronte a “esta desidia do rexedor socialista”, Rouco agradece “o esforzo” da administración autonómica para crear emprego. Proba delo é que a cantidade asignada ao Concello de Burela para este fin é de 242.095 euros para a realización de seis cursos de formación, con duración de entre catro e oito meses, e con destino a noventa persoas desempregadas. Neste senso, o presidente da Xestora pon en valor esta vontade colaboradora da Xunta de Galicia, pois son actividades formativas específicas que levan asociadas o certificado de profesionalidade e, por tanto, destaca, “favorecen que o acceso ao mercado laboral sexa máis doado”.

Medio millón no último ano

Os cursos eran de atención sociosanitaria a persoas dependentes, xestión integrada de recursos humanos, operacións auxiliares de servicios administrativos, promoción turística e atención ao visitante, operación de tratamento e gravación de datos, e de dinaminzación de actividades de tempo libre.

 

O presidente da Xestora local do PP considera que, esta aportación para as especialidades indicadas, “significa un compromiso claro da Xunta de Núñez Feijóo co Concello de Burela e máis concretamente coa xente que se atopa na nunca sinxela situación de atoparse en situación de desemprego e precisar de formación específica para atopar un posto de traballo”. A este respecto engade: “achega, a da Xunta, que é de agradecer, e que sumada a outras aportacións no último ano en materia de emprego suman un total de medio millón de euros só adicados a fomento do emprego e de formación de desempregados”.

A deixadez do alcalde” provoca a perda de fondos

Manuel Rouco censura, ademais, que o Concello de Burela, “entendo que pola deixadez do alcalde, xa que nada se puido ler na prensa ao respecto e, polo tanto moita xente non se enterou de nada”, perdese dous destes cursos, concretamente o de operación auxiliares de servicios administrativos e o de gravación e tratamento de datos.

 

“Dito doutra maneira, o alcalde de Burela deixou de investir 67.396’50€ dos cartos de todos os galegos, co que trinta persoas perderon unha boa oportunidade de poder formarse debidamente para acceder a un posto de traballo. Isto demostra a auténtica incapacidade do socialista e do seu equipo para xestionar un Concello e nulo interese polo desempregados”. E todo elo, apunta, a pesares de que a entidade loca non tivo que aportar nngunha contía.

Os cursos impartíronse no Centro de Formación Ocupacional, que foi creado no seu día polo goberno municipal do PP. “E foi outro goberno municipal popular quen o trasladou á actual sede e procedeu á súa homologación”, conclúe.