Partido Popular de Lugo

Daniel Rejes Trobo, novo presidente de NNXX de Alfoz

Daniel Rejes Trobo asumiu este venres a presidencia de Novas Xeracións de Alfoz. Foi no transcurso dunha xuntanza, que estivo presidida pola presidenta provincial, Elena Candia; o secretario xeral do PP provincial, Carlos Armesto; e a presidenta da agrupación xuvenil na provincia, Rosa Arza; e na que tamén participaron outros cargos orgánicos do Partido e da comarca, como o coordinador do Partido en A Mariña, José Manuel Balseiro.

O novo dirixente ten 21 anos e é estudante de Historia. Xunto a el, integran a executiva local os seguintes mozos:Iván Fernández, secretario Xeral; e vogais: Alejandro Pozuelo, Lara García e Rocío Fernández.

Deste xeito, co “paso á fronte” que deu no día de hoxe RejesTrobo, tal e como subliñou a presidenta provincial, “por primeira vez, o PP de Alfoz conta con representación de Novas Xeracións”; unha circunstancia, indicou, “que non é menor, pois iso significa que os mozos deste municipio se senten identificados coa nosa formación”, a diferenza do que está acontecer cos dirixentes locais, segundo apuntou Juanjo Fraga.

“Desencanto manifesto”

A este respecto, o voceiro do PP destacou que esta agrupación xurde “do desencanto manifesto” que están a xerar membros do Goberno local, entre os que se atopa o concelleiro de Desenvolvemento Local, pois “estes si que se esmeran en moita propaganda, pero non son capaces nin é capaz de enganchar aos mozos e mozas deste municipio”. Por este motivo, Fraga non dubidou en recoñecer que a nova agrupación “si que dará resposta ás necesidades dos xoves de Alfoz, suplindo así as eivas dos dirixentes do Concello”.

“Estamos para sumar”

Precisamente, implicar aos rapaces do municipio na vida e acción política do PP é un dos principais obxectivos que se fixa o novo presidente. “Asumimos e asumo esta responsabilidade convencidos de que temos que ser unha parte activa na dinamización do noso pobo”. Por iso, salientou, “colaboraremos con Novas Xeracións da provincia e de Galicia para sumar no que faga falla, e conseguir que en 2019 este Concello estea gobernado polo Partido Popular;” o que permitirá, dixo, “sacalo da parálise na que está sumido coa acción dos dirixentes actuais”.

Renovación constante

A constitución da agrupación de Alfoz enmárcase dentro do compromiso da dirección provincial xuvenil de renovar e aumentar a presenza do Partido na provincia. A súa presidenta, Rosa Arza, destacou “que estamos a traballar para seguir sumando máis caras novas”, e lembrou que Lugo, Triacastela e Sarria son as outras tres organizacións que tamén foron renovadas e contituídas recentemente.