Partido Popular de Lugo

PP de Burela denuncia de retrasos nos pagos a proveedores

Burela, a 3 de agosto de 2015.- “Alertamos de que comenza a haber retrasos nos pagos a proveedores con respecto a hai tres ou catro meses, e non a un ou dous proveedores, senon en xeral”, afirmou hoxe o Grupo Municipal Popular de Burela, logo de escoitar queixas de algúns proveedores da localidade. “De feito, se están recibindo no concello chamadas de proveedores preguntando por cándo van poder cobrar”.

“Se por algo se caracterizou o goberno do PP foi de tentar pagar en tempo, por dous motivos, para non xerar problemas de liquidez ós proveedores e para que os proveedores poideran manter os postos de traballo”, indican desde o GMP. “O que está pasando agora é totalmente distinto ó que pasaba hai dous meses e medio, e comenza a ser preocupante, según temos constatado”, afirman. “Parece que o alcalde e o PSOE volven ás andadas, de non pagar a quen se lle debe”.

Para o GMP, “esta situación pode e debe reconducirse inmediatamente, xa que o único que tén que facer o alcalde é deixar de estar algo menos de festa, e atender os asuntos municipáis importates, algúns deles vitáis para o concello, e entre os que está o pago a proveedores. O alcalde debería saber que as facturas non se están pagando porque nin el nin os seus concelleiros asinan as facturas, paso previo e ineludible para que Intervención dea a orde de pago”.

“Advertímoslle ó alcalde que non faiga escapismo e non se escude no horario de Intervención, xa que eso é unha mentira. Intervención, se tén as facturas asinadas, fiscaliza e ordena o pago se é correcto e se non fai o reparo pertinente”, indican desde o GMP.

Os populares afirman que “no concello xa se nota a descoordinación. Os traballadores do concello sempre tiveron a nómina ingresada a fináis de mes, como marca a lei. Pero as nóminas do persoal municipal do mes de xullo non se pagaron hasta o día 31, co que haberá traballadores que cobrarán ainda hoxe ou mañán, o que supón un inconvinte para algúns empregados municipáis, que non puideron dispoñer da súa nómina en tempo e forma”.

“Esto débese, segundo o GMP, a que o alcalde, coñecedor do problema, nin se preocupou o máis mínimo, co que a descoordinación foi considerable, e o desconcerto, grande”.

Desde o GMP pídenlle ó alcalde que “se centre nos asuntos realmente importantes, que se deixe de tanto colegueo e de tanto coleguilla, que se poña a andar e que poña á andar ós seus concelleiros e que coordine correctamente o traballo dos empregados municipáis para que estas cousas que citamos non volvan a acontecer”.