Partido Popular de Lugo

SANIDADE CONFIRMA A BALSEIRO QUE ESTÁ ELABORANDO UN NOVO PLAN FUNCIONAL DO HOSPITAL DA COSTA QUE SERÁ PRESENTADO ANTES DE QUE REMATE ESTE ANO

Burela, 23 de xuño de 2012.- A Consellería de Sanidade vén de confirmar ao deputado popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, que o Goberno galego está traballando na elaboración dun novo plan funcional do Hospital da Costa adaptado ás novas necesidades dos cidadáns da Mariña e ás innovacións médico-cirúrxicas acontecidas nos últimos anos.

Balseiro Orol tamén explicou que, en opinión dos responsables do departamento autonómico de Sanidade o plan funcional anterior, elaborado polo bipartito, non responde ás necesidades actuais nin ás novas tendencias arquitectónicas e, en consecuencia, cómpre elaborar un novo documento.

PLAN DIRECTOR E ARQUITECTÓNICO

Nas mesmas conversas, Sanidade asegurou ao deptuado popular que este novo plan funcional se presentará antes de que remate o presente ano. E que, logo da presentación do plan funcional, a Xunta traballará no plan director e arquitectónico do hospital de Burela, dotándolle da consignación económica precisa nos orzamentos de 2013.

INICIATIVAS MOI ESPERADAS

Jose Manuel Balseiro Orol, deu a coñecer estas “esperadas e importantísimas dúas novas” en compañía de alcades e portavoces do Partido Popular da Mariña e singnificou que estes compromisos amosan como o Goberno Goberno galego do Partido Popular dá os primeiros pasos para a ampliación do centro hospitalario mariñán que o pasado ano cumpría o seu 25 aniversario de funcionamento.

Tanto o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo –en diversas declaracións públicas e intervencións parlamentarias- como a propia Consellería de Sanidade xa tiñan adiantado que estes proxectos formaban parte da axenda de traballo do actual Goberno ademais de constituír un compromiso electoral firme do Partido Popular