Partido Popular de Lugo

Barreiro inicia na Fonsagrada o intenso programa de actividades do 2012 que o levará a percorrer toda a provincia de Lugo

A FONSAGRADA, 14 de xaneiro de 2012. O Presidente Provincial do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, comezou, na Fonsagrada, o programa de actividades que o levará a percorrer toda a provincia lucense. Neste primeiro encontro, o Presidente mantivo unha xuntanza cos alcaldes e voceiros do PP dos diferentes concellos da montaña lucense onde continou a liña emprendida de creación de estructuras internas de participación, debate e xeración de ideas. 

Lembrou Barreiro que é fundamental continuar nesta liña de fortalecemento do partido. “A sociedade lucense respaldou maioritariamente ao Partido Popular polo que agora compre responder con moito traballo e dedicación á confianza que depositaron en nos e, neste obxectivo, ten unha importancia vital a liña emprendida durante o pasado ano”-lembrou Barreiro.

O presidente provincial, aposta así por trasladar a cidadanía tóda-las xestións que se desenvolvan no ámbito das novas responsabilidades de goberno. “A idea é manter un proceso de contacto continuo cos cidadáns. Un proceso que irá nunha dobre vertente. Por unha banda a necesaria rendición de contas sobre o traballo desenvolvido nas distintas cámaras por cada un dos cargos públicos lucenses, e pola outra un proceso permanente de recepción de ideas, suxestións e inquedanzas que nos permitan facernos eco e capitanear as principais reivindicacións e necesidades dos lucenses”

O presidente popular lembrou a importancia das reunións de coordinación que el presidirá e que terán lugar con periodicidade mensual e nas que participarán os distintos cargos públicos no Parlamento de Galicia, Deputación, Congreso e Senado. Segundo Barreiro serán un instrumento moi útil para impulsar a actividade do partido e trasladar propostas en positivo para  o conxunto da provincia.