Partido Popular de Lugo

O PP pide á Deputación o arranxo urxente dun desprendemento na estrada que une A Fonsagrada e Navia de Suarna

A Fonsagrada, a 31 de agosto de 2011.- O Partido Popular require á Deputación a que sinalice axeitadamente e con urxencia a estrada provincial 1901 á altura do quilómetro 8 dada a perigosidade que para a seguridade viaria representa o desprendemento existente nese punto, ó tempo que a insta a proceder o seu arranxo na maior brevidade posible.  

O máximo responsable dos populares en A Fonsagrada Tobías Martínez e a voceira adxunta do Grupo provincial popular Elena Candia comprobaron in situ a situación e constataron o grave perigo que para os vehículos que circulan por esta vía supón o estado no que se atopa. Salientan a desidía coa que a administración provincial afronta este asunto xa que, segundo indican, o problema remóntase a principios do presente ano. Ademáis, chaman a atención sobre o feito de que é un vial moi transitado, xa que comunica A Fonsagrada con Navia de Suarna, empregado incluso polo bus escolar no seu percorrido.

Por elo, os populares instan á Deputación a preocuparse pola seguridade dos usuarios desta vía provincial e a arranxar os desperfectos coa maior axilidade posible para evitar males maiores.