Lugo, a 17 de xuño de 2010.- A defensa do alcalde de Castro de Rei e deputado provincial Juan José Díaz Valiño, así como da vicepresidenta segunda da Deputación Lara Méndez e os demais concelleiros socialistas, realizada onte polo secretario xeral dos socialistas na provincia de Lugo Ricardo Varela é, ó entender do Partido Popular de Lugo, inxustificable e dista moito de responder á realidade dos feitos.
Os populares, apelando sempre a presundición de inocencia ata que non haxa unha resolución xudicial, suliña que tanto Díaz Valiño como o resto dos cargos socialistas afectados pola investigación desenvolvida pola xuiza que intrúe o caso sobre presuntas irregularidades na execución de obras no concello de Castro de Rei, están imputados por delitos moi graves.
O Partido Popular de Lugo non lle parece axeitado que o Sr. Varela se autoproclame xuiz da causa e declare que non atopa ningunha actuación punible a Díaz Valiño, algo que, polo momento, constrasta frontalmente coa actuación do xulgado. Entenden os populares que concluir, a tenor das informacións que se van coñecendo tras o levantamento do segredo do sumario, que o único que queda claro é a honradez do alcalde resulta, cando menos, temerario.
Os populares tamén valoraron a defensa realizada por Varela sobre a causa aberta contra o voceiro socialista de Lourenzá pola falsificación da sinatura dunha compañeira coma un despropósito que se desmonta por si mesmo. Apelar á boa fe do Sr. Jorge García cando el mesmo recoñeceu dende o primeiro momento que falsificou a sinatura da daquela concelleira socialistas e caer no ridículo. Suplantar a identidade de outro está, dende todos os puntos de vista que se analice, moi lonxe de ser considerada unha actuación loable, fundamentalmente porque é un delito.