Partido Popular de Lugo

O GPPP segue á espera de que a Deputación aporte os permisos de navegación do barco Mencía

Lugo, a 7 de decembro de 2009.- O Grupo provincial do Partido Popular critica que a Deputación de Lugo aínda non lle remitira a información solicitada sobre os permisos expedidos pola Capitanía Marítima de Burela e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que o barco Mencía poida navegar.

Os populares lembran que solicitaron por escrito esa documentación no rexistro da administración provincial o pasado 26 de outubro e consideran que transcurriu tempo suficiente como para que a área de turismo provincial poidera facerllas chegar a documentación requerida. 

Os populares entenden o retraso xeneralizado que están constatando na entrega de documentación por parte da Deputación coma un intento por entorpecer a súa laboura fiscalizadora da actuación de goberno.

O GPPP tamén requere á responsable de Turismo, a vicepresidenta terceira María José Vega Buján, que dé conta dos resultados acadados polo Plan estratéxico de turismo que presentou en marzo do pasado ano. Para os populares o traballo desenvolvido pola Deputación en materia turística é escaso e, cando menos a priori, parece indicar que o mencionado plan non deu moi bos resultados porque nin a máxima responsable desta área nin ninguén da administración provincial alardeou deles.

Unha das razóns pode achacarse ó feito de que o propio plan, pese a grandilocuencia coa que foi presentado, non aportaba nada novo e non contemplaba a adopción de medidas concretas e específicas para cada comarca en función das súas propias peculiaridades como no seu día fixo constar o Grupo provincial do Partido Popular.

Os populares botan en falla tamén que a estas alturas siga sen saberse cal e o grao de implicación da área de turismo cos consorcios de promoción sobre esta materia que están funcionando no conxunto da provincia, coma pode ser o caso do da Mariña ou o patronato que quería constituir o alcalde de Lugo.