Partido Popular de Lugo

Balseiro: “O Sr. Varela está a usurpar unha acta de deputado que non lle corresponde”

Lugo, a 24 de novembro de 2009.- “O Sr. Manuel Lorenzo Varela represéntase única e exclusivamente a el mesmo e, se algunha dúbida había sobre elo, quedou claro hoxe no transcurso do pleno da Deputación no que escenificou o robou que lle está a facer ós veciños da circunscripción de Chantada que, de xeito maioritario, votaron ó Partido Popular para que os respresente na Deputación de Lugo. Igualmente traicionou ós representantes do partido popular neste concellos ós que no seu momento lle pediu o seu voto para ser deputado provincial. Unha acta que, hai poucos dias, por certo, eles mesmos lle reclamaron por escrito”. Así de rotundo valorou o Secretario xeral do Partido Popular de Lugo José Manuel Balseiro a marcha de Manuel Varela ó grupo non adscrito.

O secretario xeral dos populares lucenses non dubidou en calificar de “absoluto despropósito” e de “roubo” a decisión de Manuel Lorenzo Varela de non renunciar a súa acta de deputado provincial e devolverlla así a quen “lexítimamente lle pertence, ó Partido Popular”.

José Manuel Balseiro fai especial fincapé en que a elección de deputados provinciais é indirecta e, polo tanto, reitera que a acta pertence ó Partido Popular. “O Sr. Varela non pode esquecer que chegou á Deputación polos votos obtidos polo PP no partido xudicial de Chantada e gracias ó apoio que naquel momento lle deron os alcaldes e voceiros e concelleiros do PP neses concellos”, explicó.