Partido Popular de Lugo

O PARTIDO POPULAR INSTA A BESTEIRO A APLICAR COS DEMAIS O RESPETO INSTITUCIONAL QUE EL DEMANDA

Lugo, a 23 de maio de 2009.- O Partido Popular cuestiónase que tipo de respeto institucional practica o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, cando sae de ruta turística pola provincia para comprobar as actuacións que se están a executar con fodos da administración provincial.

Os populares acusan a Gómez Besteiro de facer uso dun raseiro distinto segundo lle conveña. Así, segundo lembran dende o Partido Popular, laiose e calificou de falta de respeto institucional que, segundo el, non fora convidado en tempo e forma, como máximo responsable da Deputación, ó acto de presentación da delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo Raquel Arias. Fixo esa crítica pese a que si que foi convidado, vía telefónica, a ese acto, recibindo explicacións ademais por ese feito dada a premura co que fora convocada esa presentación.

Dixo daquela José Ramón Gómez Besteiro, facendo gala do seu coñecemento sobre protocolo, que as invitacións entre institucións deben facerse por escrito e con antelación. Para os populares é unha lástima que, cando a institución que el preside ten que poñer en práctica o bo facer protocolario, faga precisamente todo o contrario e, o máis grave, antepoñendo o interese partidista ó institucional. 

Unha situación que, segundo salientan os populares, tivo lugar durante a reciente visita que realizou ó concello de Palas de Rei para supervisar obras incluidas no Plan de Cooperación coas comunidades veciñais á que non foi convidado o alcalde, máximo representante dos veciños do municipio.

Recoméndalle por tal motivo dende o Partido Popular ó Presidente da Deputación a conveniencia de practicar o seu predicamento co exemplo, ó tempo que lle lembran que as obras que se están a desenvolver nese concello ou noutros da provincia non están sufragadas polo Partido Socialista senón pola administración provincial. Por elo, os populares ínstano a reflexionar e, sobre todo, a rectificar a súa actitude.