Partido Popular de Lugo

RAQUEL ARIAS: “O PARTIDO POPULAR NON ESQUENCERÁ ESTA COMARCA COMO FIXO O BIPARTITO NESTA LEXISLATURA”

Monforte, a 11 de febreiro de 2009.- A cabeza de lista do PP ás autonómicas pola provincia de Lugo, Raquel Arias, compareceu hoxe en Monforte, acompañada polo seu compañeiro de candidatura Dámaso López, para asegurar que o Partido Popular “non esquecerá a Zona Sur” a diferencia do que fixo o bipartito durante estes catro anos nunha actuación que non dubidou en calificar coma  “nefasta” para a zona. 

Os compromisos do PP son “serios e, o máis importante, realizables porque responden ás necesidades máis acuciantes amosadas dende os concellos polos propios veciños”. “En moitos casos, trátase, ademais”, engadiu, “de demandas que prácticamente se convertiron en históricas polos reiterados incumplimentos de socialistas e nacionalistas durante a súa etapa ó fronte do Goberno da Xunta”.

Así, segundo relataron os populares, “merecemos que a comarca teña uns servizos sanitarios dignos”, principiando polo hospital comarcal, que precisa a apertura urxente da UCI e que non se repitan “paripés como do que acabamos de ser testigos coa reapertura do servicio de autopsias”.

O “pulo definitivo” ó Porto Seco, “un proxecto noso que remateremos nós”; a revitalización do polígono industrial, “cun apoio decidido e firme ós empresarios monfortinos para que xeren emprego, unha necesidade claramente urxente para asegurar o futuro”; a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal “para solucionar o problema do urbanismo patente en toda a cidade e que acumula preto dunha década de retraso”; e a creación dunha residencia pública para a terceira idade na Chacinera, “plantexada e encauzada polo PP durante a súa etapa de goberno no Concello e que os que viñeron despois foron incapaces de levar adiante”, son algúns dos compromisos que “asumen os populares” para a cabeceira da comarca de Lemos.

O PP non esquecerá tampouco, recalcou Arias, a viticultura. “Un sector”, salientou, “transcendental na nosa economía e para o que poremos en marcha un plan de apoio específico”.

COMPROMISOS “CON TODOS”.- Pero o noso “compromiso é con todos os concellos”, salientou Raquel Arias, por elo tamén fixo referencia a que “chegou o momento de que todos os veciños das parroquias da comarca de Lemos conten cun saneamento axeitado, tan necesario en concellos como Sober, O Saviñao, A Pobra de Brollón e o propio Monforte”.

“A aposta polos servizos sanitarios e sociais de calidade para o concello de O Saviñao”, cunha residencia para a terceira idade e un centro de saúde ou a a dotación de “infraestructuras dignas” para os concellos da comarca foron outras das actuacións ás que se referiron os populares. 

Concretaron máis. No concello de Pantón arranxaranse as estradas de Acedre a Seragude; a de Guítara a Santa Mariña, a de Ferreira a Goián e a de Carmen a Curro.

No concello de A Pobra de Brollón farase unha vía para tráfico pesado na estrada do Campo da Feira. No concello de Bóveda, arranxarase a estrada de Rubián a Taboada. No concello de Sober haberá unha nova promoción de vivendas sociais. No concello de Bóveda levarase a cabo a concentracion parcelaria en Guntín.  

INFRAESTRUCTURAS BÁSICAS.- O PP tamén “fará forza” ante outras administración. “Na Zona Sur merecemos un apoio decidido polas infraestructuras da nosa comarca, polo impulso das Autovías A72 (Chantada Monforte), A76 (Ponferrada Ourense por Monforte) e do corredor Sarria-Monforte. Merecemos que se fagan melloras no ferrocarril convencional, máis servizos e de mellor calidade e, por suposto, acelerar a chegada do AVE”.

“Chegou o momento”, salientou Arias, “de propiciar a execución dunha comisaría de policía en Monforte; de modernizar o Regadío do Val de Lemos e dinamizar a agricultura e a silvicultura como fonte de emprego para a nosa comarca e de que dunha vez o  Parque Comarcal de Bombeiros sexa unha realidade”.

COMARCA DE QUIROGA.- “Chegou o momento de que en Quiroga se apoie dun xeito firme e decidido ó sector da pizarra, eixo fundamental da riqueza e futuro do noso concello e de toda a nosa comarca e non poñendo parches que, fora do impacto mediático, non serviron aínda para nada”, engadiu Arias.

Obradoiros e escolas taller “como  iniciativas reais de creación de emprego” é o compromiso do PP con Quiroga.

Un centro de día e unha depuradora para Ribas de Sil; unha residencia da terceira idade para o concello de Folgoso do Caurel e una comunicación “digna” por estrada entre Folgoso e Seoane, son outras das actuación comprometidas polos populares.