Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid.
Redactora de informativos en diversos medios de comunicación en Galicia e responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos desde 1996 ata 1999.
Entre 1999 e 2009 foi alcaldesa de Sober, cargo que compaxinou co de deputada provincial entre os anos 1999 e 2003 e entre 2007 e 2008 e co de deputada por Lugo no Congreso dos Deputados entre 2008 e 2009
En 2009 foi nomeada delegada territorial de Xunta de Galicia en Lugo, cargo no que permaneceu ata 2016.
Deputada do Grupo Popular na X lexislatura, durante a que exerceu como secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia.