Partido Popular de Lugo

Enrique Barreiro Sánchez

Enrique Barreiro Sánchez

Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC. Xestor de transportes (2021). Tenente de alcalde no Concello de Friol desde o ano 2019.

Xerente dunha empresa dedicada á cría e comercialización de gando bovino en Friol desde o ano 2014.

Coordinador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) desde a súa creación, en agosto do 2022, que dá cobertura, ademais de ao municipio de Friol, a Outeiro de Rei, a Begonte, a Guitiriz e a Palas de Rei.