Licenciada en Dereito pola UDC e doutoranda no estudo de entes locais.
No que respecta á experiencia política, foi alcaldesa de Mondoñedo dende 2015 ata marzo de 2020 e voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo dende finais de 2011, institución na que tamén ocupou a presidencia dende xullo a outubro de 2015.
Na actualidade é deputada autonómica, viceportavoz no Parlamento de Galicia e portavoz da Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.
A nivel orgánico, dende marzo de 2016 é a presidenta provincial do PP de Lugo. Tamén é membro da Comisión de Igualdade da FEMP.
No eido profesional, dende 2005 é a responsable dunha oficina de seguros en Mondoñedo.