Licenciada en Ciencias Económicas, diploma de estudos avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela.
Conta, ademais, con formación universitaria en internacionalización de empresas e comercio internacional; dirección financeira da empresa; e xestión internacional de empresas.
Foi responsable do Departamento Económico-Financeiro da Confederación de Empresarios de Lugo (1994-2002) e desde o ano 2002 incorpórase ao Instituto Galego de Promoción Económica, do que na actualidade é subdirectora de Investimento.
Foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, entre 1997 e 2002.