Partido Popular de Lugo

O PP e o seu #EspazoAbertoPopular traen a Lugo ao alcalde de Toledo para abordar a mobilidade e a revitalización dos cascos históricos

Lugo, 14 de febreiro de 2025. O alcalde de Toledo e presidente do PP da provincia toledana achegarase a Lugo da man do Partido Popular lucense e o seu #EspazoAbertoPopular. Carlos Velázquez ofrecerá un relatorio sobre medidas de revitalización e mobilidade baixo a denominación ‘Vivir en el casco histórico’ o martes 18 de febreiro a … Leer más

O PP de Viveiro solicita ao bipartito que habilite espazos para mascotas no municipio

Viveiro, 29 de xaneiro de 2025. Os concelleiros do PP de Viveiro solicitarán ao bipartito PSOE-BNG no vindeiro Pleno que habilite espazos para mascotas no municipio xa que se observa unha carencia de lugares habilitados especificamente para o recreo das mesmas, tanto no casco histórico como nos núcleos máis importantes. A portavoz, Mariña Gueimunde, explica … Leer más

Os deputados do PP lucense esixen explicacións ao Goberno de Sánchez pola seguridade na liña entre Lugo e Ourense tras un incidente con xabaríns na vía

Lugo, 28 de xaneiro de 2025.- Os deputados do PP lucense – Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades- piden explicacións ao Goberno de Sánchez dende o Congreso en relación ás incidencias en varios trens entre Lugo e Ourense a pasada fin de semana e a seguridade na liña despois de que un tren … Leer más

O PP aborda con alcaldes e portavoces as políticas e investimentos da Xunta en infraestruturas, vivenda e emprego na provincia

Lugo, 19 de decembro de 2024.- Elena Candia presidiu a reunión da xunta directiva provincial na que participaron tamén os responsables de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e Emprego, Comercio e Emigración no Goberno galego, María Martínez Allegue e José González. O PP da provincia continúa coa así súa actividade e a propia presidenta avanzou … Leer más

O PP de Sarria levará ao próximo pleno a situación da recollida do lixo e limpeza viaria para “poñer fin a unha situación insostible”

Sarria, 17 de decembro de 2024. O PP de Sarria introducirá no vindeiro pleno municipal o debate sobre “o problema existente co lixo e a sucidade que afecta ás rúas da nosa vila” esixindo ao goberno municipal “poñer fin a esta situación insostible”. A portavoz, Carmen José López, sinala que “a situación é unha vergoña: … Leer más

O PP de Burela convida ao bipartito a facer públicas as contas desglosando o gasto do Concello nas últimas festas patronais

Burela, 10 de outubro de 2024. Os concelleiros do PP de Burela convidan ao goberno bipartito a “facer públicas as contas das festas patronais desglosando os gastos para comprobar se están tódolos gastos que realmente se fixeron por parte do Concello”. Os populares explican que “no pleno a concelleira de Economía, Patricia Eijo, deu unha … Leer más

Ameijide: “O bo estado das vías municipais en Riotorto contrasta co abandono das estradas provinciais, claro reflexo da mala xestión de PSOE e BNG na Deputación”

Riotorto, 4 de setembro de 2024. O Grupo Provincial Popular lembra unha vez máis a necesidade de actuar en moitas das vías da rede da Deputación de Lugo para garantir a seguridade dos usuarios tras unha visita recente a Riotorto na que participou o portavoz, Antonio Ameijide, e os deputados, Clemente Iglesias -alcalde do municipio- … Leer más

O PP de Foz mostra o seu apoio á Plataforma de Familiares de Usuarios da Residencia de Maiores ante as desconsideracións de Cajoto

Foz, 02 de setembro de 2024. O Partido Popular de Foz mostra o seu apoio á Plataforma de Familiares de Usuarios da Residencia de Maiores ante as desconsideracións de Cajoto. Os membros desta plataforma denuncian o menosprezo do señor alcalde aos seus requirimentos e a falta de sensibilidade cos usuarios, persoas maiores e dependentes. “Por … Leer más

O PP denuncia o intento de PSOE e BNG de tecer unha rede de funcionarios afíns nas administracións que controlan para tentar perpetuarse na presidencia da Deputación

Martes, 4 de xuño de 2024. “É curioso ver que as mellores notas nos últimos procesos selectivos de persoal realizados pola Deputación por algún concello gobernado polo PSOE son de persoal propio do gabinete da presidencia da Deputación”. Así o afirmaba Antonio Ameijide tras coñecer que as dúas mellores notas no proceso de selección para … Leer más