Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte esixe a Tomé “máis sentidiño á hora de xestionar o diñeiro público” á vista de que os veciños seguen sufrindo problemas de cortes de auga

Monforte, 21 de marzo de 2024. A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte, Katy Varela, volve insistir en “pedir máis sentidiño ao alcalde á hora de xestionar o diñeiro público” tralo anuncio do investimento na piscina, mentres “os veciños seguen sufrindo problemas cos cortes de auga”. A popular incide en que “nunca … Leer más

O PP de Xermade pide ao goberno local “máis control” nas obras da depuradora de Momán para evitar a contaminación do río e a desaparición da fonte do Mariñeiro

Xermade, 21 de marzo de 2024. O PP de Xermade esixe ao goberno local máis precaución e control á hora de acometer obras. Os populares critican “as malas formas e a falta de planificación para a execución das actuacións para a instalación da nova depuradora en Momán” porque “poden supoñer a inutilización da fonte do … Leer más

O PP cualifica de “aprendiz de ditador” a Tomé despois de que a Valedora do Pobo confirmase que PSOE e BNG vulneran dereitos fundamentais da CE

Xoves 21 de marzo de 2024. En setembro do ano pasado, os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo acudiron á Valedora do Pobo ante as constantes prohibicións de José Tomé a que os deputados populares accederan a edificios de titularidade provincial. O pasado 15 de marzo a Valedora do Pobo emitiu a … Leer más

O PP de Vilalba agarda que “as melloras que levamos 5 anos pedindo para o polígono non se queden só en anuncios”

Vilalba, 20 de marzo de 2024. O Grupo Municipal Popular de Vilalba subliña a importancia de que o Concello colabore e estea en constante contacto cos distintos colectivos. Trala reunión do goberno local e dos representantes dos distintos partidos co tecido empresarial, os populares agradecen “o cambio de actitude do goberno local que levaba cinco … Leer más

O PP defenderá a permanencia do CRAEGA en Monforte con iniciativas nos plenos dos concellos da comarca de Lemos

O Partido Popular defenderá a permanencia do CRAEGA en Monforte, algo para o que se presentarán mocións nos plenos de todos os concellos da comarca de Lemos. Así o anunciaron esta mañá a voceira do PP de Monforte, Katy Varela, e a deputada autonómica, Raquel Arias, acompañadas de alcaldes e voceiros do PP dos diferentes … Leer más

O PP defenderá no pleno o acondicionamento dun espazo seguro para o transporte escolar na LU-P-2902, en Santiago de Meilán

Mércores, 20 de marzo de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo piden a José Tomé que estude a colocación dun espazo seguro para os rapaces que esperan polo bus na estrada LU-P2902, ao seu paso pola parroquia lucense de Santiago de Meilán, para garantir a seguridade dos nenos que agardan … Leer más

Os populares preguntan ao goberno de Camiña Sarria as razóns polas que permanece pechada a rúa da Calexa e cando prevé reabrila ao tránsito

Sarria, 19 de marzo de 2024. Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria preguntarán ao alcalde no vindeiro pleno sobre a situación da rúa da Calexa ante a falta de explicacións do goberno local sobre os motivos polos que segue pechada despois de case un ano cando os traballos de demolición dun … Leer más

O PP apoia a implantación dunha empresa que xera emprego e esixirá nos Concellos e na Deputación de Lugo un “posicionamento político de tódolos partidos”

Palas de Rei, 19 de marzo de 2024. O Partido Popular esixirá o posicionamento político de tódolos partidos sobre a creación de postos de traballo na zona do interior da provincia a través dunha iniciativa en apoio á implantación do proxecto empresarial de Altri para o asentamento da futura fábrica de fibras téxtiles en Palas … Leer más

O PP de Vilalba convida ao goberno bipartito a “atender debidamente o cemiterio municipal”

Vilalba, 18 de marzo de 2024. Ante o estado de abandono que presenta o cemiterio municipal de Vilalba, os concelleiros do Partido Popular urxen ao equipo de goberno bipartito a proceder á súa limpeza inmediata e ao deseño dun plan de limpeza e acondicionamento periódico. Igualmente, inciden en que o goberno local “garanta a apertura … Leer más