Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte defenderá no pleno a rehabilitación da casa da cultura e da biblioteca ante as reiteradas queixas dos veciños

Monforte, 13 de marzo de 2024. “É fundamental apostar polo desenvolvemento cultural de Monforte”. Así de contundentes se amosan dende o Grupo Municipal do PP de Monforte, polo que presentarán ao vindeiro pleno unha moción para levar a cabo as actuacións necesarias para a modernización e rehabilitación da casa da cultura. A voceira popular de … Leer más

O PP de Viveiro denuncia que as instalacións deportivas municipais “están en precario”

Viveiro, 13 de marzo de 2024. O Grupo Municipal do PP de Viveiro denuncia que as instalacións deportivas deste municipio “están en precario”. A voceira da formación popular, Mariña Gueimunde, detalla que o pavillón municipal, que se viu afectado polos temporais das últimas semanas, aínda non foi reparado e continúa pechado; o que obriga aos … Leer más

O PP de Foz denuncia as inxerencias do equipo de goberno respecto a xestión das obras neste concello

Foz, 13 de marzo de 2024. O PP de Foz denuncia as inxerencias do equipo de goberno respecto á xestión das obras neste concello e máis concretamente na rúa Irmandiños, no barrio das “Casas Baratas, onde máis problemas está a haber producindo serias molestias aos veciños que, en todo caso, non se merecen. O voceiro … Leer más

A desatención aos parques públicos, outra mostra da desgana e falta de motivación do goberno de Camiña Sarria

Sarria, 13 de marzo de 2024. “A desgana e falta de motivación do goberno de Camiña Sarria tamén se aprecian na desatención na que se atopan os parques públicos infantís coma o de Oural, que na actualidade carece dunha correcta iluminación. Das cinco lámpadas, catro están rotas dende fai meses e, polo tanto, cando escurece … Leer más

Ameijide: “Dende o Grupo Provincial do PP defenderemos ata o final a proposta dos nosos compañeiros de Monforte de manter o CRAEGA nese municipio”

Monforte, 12 de marzo de 2024. “Os servizos hai que mantelos e garantir a súa continuidade se queremos manter o equilibro territorial”. Así se explicaban dende o Partido Popular tras manter unha xuntanza de traballo co presidente do CRAEGA, reunión á que asistiron os deputados provinciais Antonio Ameijide, Carmen José López e Luis Fernández; a … Leer más

Malestar entre os usuarios do pavillón municipal de Vilalba pola falta de calefacción e auga quente

Vilalba, 12 de marzo de 2024. Ás goteiras no pavillón municipal de Vilalba (na pista, no pasillo lateral e nos vestiarios) súmase agora a falta de calefacción e auga quente nos vestiarios. Varios usuarios destas instalacións deportivas teñen trasladado a varios concelleiros do Partido Popular as súas queixas por “unha situación que non se pode … Leer más

O PP de Lourenzá fai saber á Valedora do Pobo “a negativa do goberno local a facilitarnos o acceso á documentación e información da actividade municipal”

Lourenzá, 12 de marzo de 2024. O Grupo Municipal do Partido Popular vén de rexistrar unha queixa dirixida á Valedora do Pobo en relación ao funcionamento do Concello de Lourenzá. Os concelleiros populares consideran que “a negativa do goberno local a facilitarnos o acceso a través de medios dixitais á documentación e información relacionada coa … Leer más

O PP de Xermade volve pedir ao goberno local que revise o contrato coa empresa do SAF para mellorar as condicións laborais das traballadoras

Xermade, 11 de marzo de 2024. O PP de Xermade pide ao goberno local revise o contrato coa empresa que está a prestar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para mellorar a situación das traballadoras, o que repercutiría nunha mellora do servizo. Os populares trasladaron no último pleno esta medida como “solución provisional ata … Leer más

O PP pide dotar de medidas de seguridade a Ponte de Vilar, situada na estrada LU-P-2922, en Bóveda

Dende o Grupo Provincial Popular reclaman ao goberno provincial de PSOE e BNG maior preocupación pola seguridade dos condutores nas vías provinciais e, nesta ocasión, denuncian a inseguridade que teñen todas as persoas que circulan cos seus vehículos pola LU-P-2922 ao seu paso por Santa María de Bóveda, no concello de Lugo. Antonio Ameijide, acompañado … Leer más