Partido Popular de Lugo

O PP denuncia no Senado “unha discriminación máis” do Goberno de Sánchez a Lugo por non contar cun Posto Principal da Garda Civil

Lugo, 21 de setembro de 2026.– Os senadores lucenses do Partido Popular José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano advirten dunha “discriminación máis” a Lugo por parte do Goberno de Pedro Sánchez toda vez que “é a única provincia de España sen un Posto Principal da Garda Civil”. Nese sentido, teñen rexistrado formalmente preguntas dirixidas ao Executivo para esixirlle explicacións por escrito.

Os populares denuncian que Lugo constitúe “unha anomalía” na organización territorial do Instituto Armado ao ser a única provincia española que carece dunha unidade destas características “a pesar da súa extensión, dispersión xeográfica, envellecemento da poboación e elevada demanda de servizos no medio rural”.

Os senadores lucenses lembran que esta situación foi denunciada reiteradamente por asociacións profesionais da Garda Civil, que veñen reclamando a creación dun Posto Principal para mellorar a capacidade operativa, a coordinación dos servizos e a atención aos cidadáns. “Pero o Goberno de Sánchez non deu resposta ás demandas dos profesionais da Garda Civil”, apuntan.

“Este é un exemplo máis da discriminación do Goberno de Sánchez á provincia de Lugo”, sinalan os senadores que consideran inxustificable que Lugo continúe sen unha unidade destas características mentres outras provincias reforzan a súa estrutura territorial.

Por este motivo, os representantes do PP lucense no Senado esixen ao Ministerio do Interior que explique por que mantén esta situación e se ten previsto corrixila coa creación dun Posto Principal que permita reforzar a seguridade cidadá e mellorar a prestación do servizo no conxunto da provincia.

O PP ESIXE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO

Os populares reclaman unha resposta concreta do Executivo de Pedro Sánchez ante unha demanda que afecta directamente á seguridade e á calidade dos servizos que reciben os lucenses, especialmente no medio rural.

“Lugo non pode seguir sendo a excepción”, apuntan os senadores, que reclaman ao Goberno que deixe de ignorar esta situación e adopte as medidas necesarias para dotar á provincia dunha estrutura territorial da Garda Civil acorde coas súas necesidades.

As preguntas rexistradas no Senado buscan coñecer, en concreto, por que o Ministerio do Interior continúa mantendo Lugo sen un Posto Principal e se ten previsto crear esta unidade para reforzar a seguridade cidadá e mellorar a prestación do servizo no territorio provincial.