Partido Popular de Lugo

O PP defenderá no pleno que o Concello impulse un plan de actuación para a mellora integral do barrio de Cobas

Monforte, 17 de xuño de 2026. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte pedirán ao goberno local que impulse un plan de actuación para mellorar o barrio de Cobas dadas as numerosas eivas que presenta e para as que os veciños levan moitos meses reclamando solucións.

Os concelleiros populares recordan que este barrio é un dos que conta con máis poboación en Monforte, xa que medrou de forma importante nos últimos anos. “A pesar deste crecemento, o goberno de Tomé non lle presta a atención que merece, amosando unha imaxe de abandono e de falta de atención”, lamentaron.

Ante esta situación, os veciños do barrio trasladaron en numerosas ocasións as súas reclamacións e queixas ao equipo de goberno, polo que “non poden alegar descoñecemento”, sendo as principais queixas:

  • Un local social para levar a cabo reunións e actividades
  • Una mellor comunicación para a organización da festividade anual do barrio
  • Deterioro das infraestruturas viarias, poñendo como exemplo as beirarrúas da Rúa Ourense.
  • Barandas perigosas dado o seu mal estado e ausencia de zonas peonís adecuadas
  • Mellora da seguridade viaria, precisando a instalación de elementos redutores da velocidade
  • Falta de aseo de fincas públicas
  • Ausencia de solucións aos vertidos ao río

“Falamos dun barrio próximo o centro urbano, pero cunha falta de mantemento alarmante”, explicaron, motivos polos que os concelleiros do PP de Monforte defenderá que o Concello impulse un plan de actuación para a mellora das infraestruturas da zona.