Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo esixe ao Goberno do Estado medidas urxentes e permanentes para garantir o futuro de Alcoa e a competitividade industrial

Lugo, 16 de xuño de 2026. O deputado do PP de Lugo no Congreso, Francisco Conde, defendeu hoxe na Comisión de Industria e Turismo unha Proposición non de Lei (PNL) para impulsar, de xeito urxente, a competitividade da industria electrointensiva.

Durante a súa intervención, Conde denunciou que as empresas industriais na provincia de Lugo están a perder terreo debido “a uns costes enerxéticos inasumibles, unha planificación eléctrica deficiente e a falta dunha verdadeira política industrial por parte do Goberno central”.

O deputado do PP lucense fixo especial fincapé na situación crítica que atravesa a planta de Alcoa, cuxa viabilidade segue en entredito pola falta de certezas e de garantías eléctricas por parte do goberno de Sánchez.

O FUTURO DE ALCOA EN XOGO POR ERROS ADMINISTRATIVOS DO MINISTERIO

Francisco Conde foi contundente ao sinalar que “non haberá futuro para Alcoa sen a garantía dun custo eléctrico competitivo e estable”. Tamén afeou ao Ministerio de Transición Ecolóxica a súa falta de compromiso na nova convocatoria dos nudos de acceso e conexión vinculados aos parques eólicos dos que dependían os contratos PPA da planta de San Cibrao, sobre os que lembrou que “perdéronse por un erro administrativo impropio dun Ministerio”.

Despois de máis de tres anos coa planta paralizada coa responsabilidade directa dun goberno socialista, Conde sinalou que “a empresa e os traballadores non teñen ningunha certeza sobre o acceso estable á enerxía nin sobre un marco regulatorio que ofreza certidume a longo prazo”, destacou con preocupación, así como tamén advertiu de que “a falta de competitividade xa se está traducindo en perdas operativas e axustes laborais en grandes compañías de todo o país”.

Francisco Conde cualificou o Real Decreto-ley 7/2026 aprobado polo Executivo como unha “oportunidade perdida” que se limita a ofrecer solucións “parciais, temporais e insuficientes”.

Neste senso, Conde esixiu que se outorgue carácter permanente á bonificación do 80% dos peaxes para a industria electrointensiva (que actualmente expira o 31 de decembro de 2026) e á suspensión do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica (que remata en tan só 15 días, o 30 de xuño).

PROPOSTAS PARA REBAIXAR A FACTURA ENERXÉTICA INDUSTRIAL

Francisco Conde solicitou ao Goberno do Estado actuar de forma urxente sobre os custes estruturais que aumentan o prezo final da electricidade. Entre as principais demandas destacan:

  • Frear o impacto dos servizos de axuste: estes servizos se multiplicaron por seis desde 2020 debido a unha “mala elección do mix enerxético”, representando xa o 56% do custe da enerxía. Como consecuencia do apagón de abril de 2025, no último ano, os consumidores, familias e industrias, teñen visto incrementar aos seus costes en mais de1.700M€.
  • Reforzar as compensacións por custes indirectos de CO2: a dotación destas axudas pode ser equivalente, con carácter xeral, ao 25% dos ingresos das poxas de dereitos de emisión. Esta contía poderíase incrementar si fose necesario, previa notificación á Comisión Europea.
  • Apoio á coxeneración: convocar as poxas de ata 1.200 megavatios pendentes desde hai 5 anos, estender a retribución regulada para as instalacións que agotasen a súa vida útil,  e modificar a fórmula de cálculo para cubrir os costes deste sector, clave para o tecido químico, alimentario ou automotriz.
  • Unha Planificación eléctrica máis dinámica, que outorgue prioridade á demanda industrial e que aplique o criterio de “quen primeiro está listo, primeiro se conecta”. Conde recordou o bloqueo nas redes de transporte, onde en 2025 tan só se autorizou o 12% dos gigavatios solicitados, rexeitando sistematicamente a demanda industrial e tecnolóxica. 

Finalmente, Conde rexeitou a creación dos denominados “Proxectos Estratégicos de Inversión” por parte do Executivo, cualificándoos de mostra de “intervencionismo e discrecionalidade” De feito, esta figura permítelle ao Goberno decidir unilateralmente, “sen criterios obxectivos e sen transparencia”, que proxectos se instalan en España y cales non, ao outorgarlles prioridade de acceso á rede e á planificación eléctrica.