A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, segue a traballar para mellorar o día a día dos veciños do municipio e, se hai uns días acadaba investimento da Xunta para a renovación das ventás e outras melloras no colexio de Pol, agora vén de acadar máis de 100.000€ para a mellora de infraestruturas municipais.
Nicole Grueira explica que estes fondos destinaranse ao rebaixe e arranxo de beirarrúas rotas, para pintar prazas ao estacionamento de mobilidade sostible, iluminar os pasos de peóns, compra de colectores do lixo e para crear un novo parque infantil.
“Todas estas actuacións financiaranse grazas ao goberno da Xunta xa que os veciños e veciñas de Pol levan moito tempo agardando a que o Concello realice estas actuación que nunca chegan, intervencións fundamentais para mellorar o día a día dos polenses”, sinalou.
Un investimento que tamén se engade á mellora das instalacións educativas dos últimos anos, coma o arranxo do local da ludoteca, as aulas, o comedor e a adecuación do entorno infantil, así como o investimento de 10.000€ para o tapiado das vivendas dos mestre.
“A Xunta segue a amosar o súa implicación con Pol e nós seguiremos a traballar para mellorar a imaxe do municipio”, afirmou.