Foz, 7 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz denuncia unha vez máis a nula xestión das obras do Concello porque, “como todos sabemos, hai grandísimos problemas para cumprir os prazos nas obras urbanas”.
O portavoz, Javier Castiñeira, explica que “o claro exemplo foi máis de 2 anos de atraso na obra das Casas Baratas e todo parece que isto se vai repetir en obras coma a da rúa Jesus Nazareno, unha obra que nunha rúa que está cortada, que está a punto de rematarse porque só ten que asfaltarse, aglomerarse. Pero non se aglomera e non sabemos os motivos”, incide.
O popular condena que “o alcalde sexa compracente coa empresa que ten obriga de asfaltar e rematar esta obra cando antes, despois de ampliar xa nunha ocasión o prazo de entrega”.
Castiñeira explica que “hai xente maior que está sufrindo as obras máis tempo do que deberían nunha rúa con bastante tráfico e importante para a mobilidade en Foz que xa é complexa de por si; despois de que o señor Cajoto lle dera por cambiar os sentidos de gran parte das rúas da localidade. Entre as obras interminables e os cambios de sentido, iso é un auténtico caos”.
“Pedímoslle ao señor Cajoto que canto antes inste á empresa a rematar esa obra na rúa Jesús Nazareno e, sobre todo, que cambie o chip: que pense máis nos veciños e que sexa menos permisivo coas empresas contratistas que parece que son as que marcan os tempos das obras no Concello de Foz”, conclúe.