Samos, 6 de abril de 2026. O portavoz do PP de Samos, Miguel Gallego, denuncia o “cinismo político” protagonizado pola alcaldesa e o seu goberno de BNG e PSOE.
O popular cre que “no último pleno quedou demostrado que as siglas que din defender aos traballadores non é máis que unha burla porque á realidade é ben distinta: estamos ante un goberno que amordaza as queixas laborais dicindo que todo é mentira, que nega os apagóns constantes que hai no alumeado público e permite que os nosos maiores vivan en condicións indignas”.
O Partido Popular presentou unha moción a este último pleno na que esixía que as traballadoras do SAF “cobren un salario digno acorde ao traballo que desempeñan”, tal como elas se queixaron a través dun escrito remitido polo sindicato CSIF ao Concello de Samos no que consideraban inxusto e inaceptable que se pague só a contía mínima legal tendo en conta a responsabilidade e carga física e emocional do traballo que realizan.
Gallego subliña que “tendo en conta que a Xunta de Galicia vai aumentar progresivamente ata os 18€ hora a aportación autonómica, non entendemos que BNG e PSOE que tanto din defender os dereitos dos traballadores se limiten a dicir no pleno que o sindicato é de dereitas e que non hai queixas das traballadoras”. O popular considera “alucinante” este tipo respostas e esta “dobre vara de medir da alcaldesa”.
OUTROS ASUNTOS NO PLENO
Os populares tamén preguntaron polos constantes apagóns que sofren os veciños da vila de Samos e a falta de mantemento que observamos nas farolas: algunhas sen tulipas, outras tapadas polas silvas e outras coa bombilla fundida. “Os veciños lévanse queixando desde decembro, pero a alcaldesa segue dicindo que é falso”, segundo explican. Así, entenden que “se nota ben que este equipo de goberno non vive en Samos e, polo tanto, nin se molestan desta problemática”.
Gallego engade que “o punto máis escuro segue a estar na residencia de maiores onde a política deste equipo de goberno é dun pasotismo absoluto. Parece que nada lles importa. Levamos reclamado numerosas veces o mal funcionamento do centro e nada parece mellorar: a comida segue sendo escasa, segue sen auga quente, a calefacción non funciona, seguen asolagamentos por falta de mantemento e agora hai que engadir a escaseza de persoal que obriga a que a traballadora teña que facer quenda dobre porque non hai quen a substitúa. De feito, “algunha alega que algunha fin de semana só descansou unha tarde. E non sabemos ata que punto iso é legal nos tempos que corren; pero xa sabemos que a legalidade a este equipo de goberno lle importa pouco”, conclúe.