Partido Popular de Lugo

O PP de Foz asegura que “as fontes das parroquias son o exemplo da hipocrisía de Cajoto co ciclo da auga que ademais é o máis caro da historia”

Foz, 6 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz pide “máis sensibilidade” ao señor Cajoto, ao goberno do Partido Socialista, con respecto aos veciños das parroquias.

O portavoz, Javier Castiñeira, cre que “non se pode estar dicindo que hai un plan de fontes municipais, que se están facendo, charlas sobre o ciclo da auga e presumindo do novo servizo da auga; cando se teñen as fontes totalmente abandonadas.

“Un claro exemplo é a fonte da Cernada en Vilaronte ou a fonte de Xinzo en San Martiño, entre outras moitas do rural. As parroquias están absolutamente abandonadas”, segundo manifesta o popular que incide no “pouco investimento”.

Polo tanto, os populares piden ao señor alcalde que “faga menos propaganda, menos demagoxia e un pouco de autocrítica. Só ten que dar un paseo polas parroquias para ver que as fontes están totalmente abandonadas”. É dicir, “totalmente o contrario do que está pregonando”.

Castiñeira condena que “empregue o diñeiro de tódolos veciños de Foz, tamén os do rural, en vídeos para as súas campañas propagandísticas”.