Partido Popular de Lugo

O PP lucense estudará as demandas do sector da distribución e reparto que queda fóra das axudas a profesionais por parte do Goberno de Sánchez para paliar os efectos da guerra

Lugo, 31 de marzo de 2026. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- mantiveron unha reunión con representantes de Adislugo -que aglutina a 70 socios e 1.500 empregados- para escoitar as reivindicacións dun colectivo que aglutina a moitas empresas que reforzan os servizos ao rural.

Os populares recoñecen a súa labor porque “é importante para unha provincia maioritariamente rural como é a de Lugo” onde os veciños, autónomos e pequenas e medianos empresas dependen, para o seu día a día, do servizo de reparto.

“O sector vese moi afectado” porque “a maior parte do reparto faise en vehículos ou furgonetas de menos de 7.500 kg que quedan excluídos de calquera axuda por parte do Goberno de Sánchez”, que “esquece a boa parte de actividades económicas que dependen do prezo do gasóleo como son as distribuidoras -incluíndo a prevenda comercial- de hostalería e alimentación, panadeiros ou paquetería”.

Os senadores comprometéronse a “estudar as súas demandas” dos representantes de Adislugo que consideran “insuficiente” o desconto monetario por litro e reclaman “unha porcentaxe” ante a incerteza da evolución futura dos prezos dos combustibles.