Partido Popular de Lugo

O PP celebra que se recupere a comida dos maiores e esixe que non sexa flor dun ano e se manteña no tempo

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Pol valoran positivamente a recuperación da comida dos maiores no municipio, unha tradición moi importante para recoñecer e poñer en valor o papel fundamental que desempeñan as persoas maiores na nosa sociedade.

A voceira popular, Nicole Grueira, explica que “queremos amosar a nosa satisfacción por recuperar esta iniciativa, que supón dar resposta a unha demanda que xa trasladamos en varias ocasións ao goberno local”.

Neste senso, Grueira sinala que “este tipo de actividades contribúen a fomentar a convivencia, combater a soidade e fortalecer os lazos sociais entre os nosos veciños e veciñas de maior idade, polo que agardamos que non sexa algo puntual e se manteña no tempo”.

Os concelleiros do PP de Pol sinalan que “seguiremos traballando e propoñendo medidas que garantan unha atención digna, activa e constante para os nosos maiores, que son unha parte esencial da nosa comunidade”.