Partido Popular de Lugo

O PP pon en valor iniciativas sociais fundamentais para futuro de Xove e da Mariña

Martes, 17 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular continuaron coa súa folla de ruta e seguen a descentralizar as reunións de traballo, nesta ocasión desprazáronse ata Xove, onde mantiveron varias xuntanzas con entidades sociais e o tecido empresarial.

Os deputados populares tamén visitaron unha iniciativa empresarial da comarca, para coñecer de primeira man o seu funcionamento se manter contacto directo cos proxecto que xeran actividade económica e oportunidades no territorio.

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explicou que estas visitas forman parte da estratexia de sacar o traballo da capitalidade da provincia e achegarse así a todo o territorio. “Seguimos percorrendo a provincia e descentralizando as nosas xuntanzas porque Lugo ten moitas potencialidades que merecen ser destacadas; queremos poñer en valor todos os nosos recursos e iniciativas que contribúen ao desenvolvemento económico e social da provincia”, destacou.

Ameijide subliñou que para o Partido Popular é fundamental coñecer de primeira man os proxectos que se están a impulsar nos distintos concellos. “Hai moitas persoas e entidades traballando para dinamizar o territorio e xerar oportunidades e cremos que é moi importante escoitar, apoiar e dar visibilidade a esas iniciativas”, sinalou.

Pola súa banda, Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove e deputado provincial, destacou especialmente o papel das iniciativas sociais que se están a impulsar no municipio, destacando que “son proxectos moi importantes para a comarca porque contribúen a mellora servizos, a atender necesidades da veciñanza e tamén a fixar poboación no territorio”, explicou.

Salgueiro sinalou que “A Mariña ten moito potencial e é fundamental apoiar tanto os proxectos sociais como as iniciativas empresariais que apostan por desenvolver a súa actividade aquí”.

Con estas visitas, os deputados do Grupo Provincial Popular reafirmaron o seu compromiso de seguir traballando por un modelo de provincia que impulse oportunidades en todo o territorio.

“Lugo é unha provincia chea de oportunidade e dende o Grupo Provincial Popular imos seguir sendo o altavoz de todo o bo que se fai aquí, dende A Montaña ata A Mariña”, concluíu Ameijide.