Partido Popular de Lugo

O PP de Vilalba condena que “a alcaldesa lle interese máis falar de cartos que das lesións que sofren as persoas na rúa da Pravia”

Vilalba, 15 de marzo de 2026. O PP de Vilalba lamenta que “á alcaldesa lle interese máis falar de cartos que das lesións que sofren as persoas na rúa da Pravia. Non sabemos se é que non o ve ou non o quere ver, pero é indignante que para a máxima dirixente no noso Concello o prioritario non sexan as persoas”.

Para os populares “o primeiro son as persoas e despois tamén as súas necesidades ou queixas. E o que está claro é que a rúa da Pravia xera moitas queixas entre vilalbeses e visitantes. Por moito que nos queiran adornar este tema, a realidade é a que é: un espazo renovado no que se investiron moitos cartos públicos, pero que non é útil para os veciños e veciñas e acumula deficiencias”, explican. Así, insisten: “é un capricho socialista que nos sae caros aos vilalbeses”.

“Marta Rouco gasta o diñeiro de todos, pero non dá solución aos problemas e necesidades dos veciños”, aseguran dende o PP de Vilalba. De feito, ademais dos danos ás persoas e vehículos, as obras da rúa da Pravia reduciron aparcamento e “agora a alcaldesa anunciou tamén a redución da zona de aparcamento no Campo da Feira. Gasta o diñeiro, pero non ofrece solucións aos veciños. Iso non é o que nós consideramos boa xestión”, remarcan.

E á vista de que “a alcaldesa conta só o que lle interesa”, os populares acláranlle que “máis alá do custo da propia obra de humanización da rúa da Pravia, hai que ter en conta os gastos que supón a instalación dos novos sistemas de iluminación, as cámaras de seguridade, os estudos e traballos necesarios para os distintos cambios de sentido desta rúa, a sinalización e os elementos de xardinería -macetas e flores-. Todo suma 1,4M€ de gastos derivados da súa decisión de executar obras nesta rúa. Un despilfarro”.

NON PRESTA ALGÚNS SERVIZOS

Os concelleiros do PP engaden tamén que “o goberno local deixa de prestar algúns servizos aos veciños e veciñas pechando distintas instalacións públicas -a oficina de turismo, o Museo ou a biblioteca que estivo pechada parcialmente-, sen reparar os danos nas vías de comunicación das parroquias ou pola falta de servizos básicos”.