Monforte, 4 de febreiro de 2026. A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, xunto aos voceiros do PP na Deputación, Antonio Ameijide, e en Monforte de Lemos, Katy Varela, mantiveron un encontro con afiliados e simpatizantes para analizar a situación política do municipio tralo estallido do caso José Tomé.
Durante a xuntanza analizouse a situación que está a sufrir directamente Monforte de Lemos, cuxas consecuencias do escándalo que envolve ao seu alcalde, José Tomé, acusado de presunto acoso sexual. Unha situación grave que non só dana a imaxe institucional do Concello, senón que sitúa a cidade nun foco negativo que prexudica aos seus veciños e veciñas.
Os populares critican que “lonxe de asumir responsabilidades políticas, José Tomé continúa aferrado á alcaldía mentres os monfortinos pagan o custo dun alcalde máis preocupado por manter privilexios persoais que por atender as verdadeiras necesidades da cidade”.
A realidade é que é complica que Monforte teña a un rexedor que aspire a ter un salario e unha estrutura política propia do presidente da Deputación de Lugo, cando a realidade económica e social do municipio esixe xestión, contención e prioridades claras.
Para os populares, o custo de manter a Tomé na alcaldía vai moito máis alá do seu soldo. Supón soster un gabinete cunha estrutura sobredimensionada e un constante goteo de gastos en desprazamentos e viaxes que pouco ou nada achegan aos intereses xerais de Monforte, como a realizada recentemente a Fitur, que exemplifican unha forma de gobernar baseada no gasto e na proxección persoal, moi afastada do sentido común que debería rexer a acción municipal. “Nada disto se parece ao funcionamento do Concello hai uns anos, cando a xestión era máis responsable e axustada á realidade”, sinalaron.
Mentres, os problemas reais de Monforte seguen sen resposta: a falta de oportunidades, o estancamento económico, as necesidades dos barrios e parroquias, e a mellora dos servizos públicos. A cidade non pode avanzar cun alcalde máis centrado en conservar poder e status que en traballar polo futuro do municipio.
Ante este escenario, o PP de Monforte reafirma o seu compromiso firme e claro coa defensa dos intereses dos monfortinos e monfortinas. “Seguiremos traballando con seriedade para impulsar o crecemento económico, atraer oportunidades, mellorar o benestar e elevar a calidade de vida dos veciños, desde a unidade, a fortaleza e a coherencia, ofrecendo unha alternativa política responsable, centrada en Monforte e afastada de escándalos, excesos e mala xestión”.