Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Pol poñen en valor os investimentos realizados pola Xunta de Galicia no municipio, “para dar solucións reais aos problemas dos veciños”, fronte a un PSOE e un BNG que dende a Deputación de Lugo “unicamente se preocupan de pagar os caprichos do alcalde”.
A voceira popular, Nicole Grueira, quere destacar as axudas realizadas dende o goberno galego “ante os constantes ataques realizados por parte de socialistas e nacionalistas negándose a ver os investimentos realizados pola Xunta”.
Nicole Grueira destaca que durante o ano 2025 a Xunta de Galicia investiu no Concello de Pol 1.580.214,34€, “demostrando un compromiso real co benestar dos veciños, fronte á inacción do goberno municipal e mentres a Deputación do PSOE e do BNG só deu prioridade aos caprichos de Lino Rodríguez”.
Algúns exemplos do investimento realizado pola Xunta en 2025, que repercutiron en beneficios para o día a día dos veciños:
- Axudas á ANPA do colexio: 2.990€
- Plan Benestar na Escola: máis de 10.000 € para o colexio, mentres o Concello non achegou ningún recurso e abandona aos nenos de Pol.
- PAI: 20.849€ mentres o alcalde non investiu nin un euro nin é capaz de poñer a disposición un edificio que mellore notablemente o benestar dos pequenos
- Fondo de Cooperación Local: máis de 180.000€ en diversos proxectos
- Arranxo de camiños municipais: máis de 66.000€, sen participación algunha do Concello
- Axuda no Fogar: case 228.000€
Este investimento evidencia dous modelos de xestión moi distintos: “Mentres o PP, dende a Xunta de Galicia, traballa para intentar resolver problemas reais dos veciños de Pol, PSOE e BNG dende o Concello de Pol e a Deputación unicamente están centrados e financiar os caprichos do alcalde”.