Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no vindeiro pleno unha iniciativa para que “todos os grupos da man realicemos unha defensa férrea do sector primario da nosa provincia e dos seus intereses”.
O voceiro popular”, un acordo que no PP buscarán tanto na Deputación como no Concello de Lugo.
Neste senso, Ameijide recorda o anuncio realizado onte pola presidenta da Deputación, Carmela López, que dixo comprometer co sector “medidas de apoio, pero sen aclarar cales”. “Vimos como o luns o secretario xeral do PSdeG dicía que o acordo co Mercosur era moi positivo para os galegos, pero agora a nova presidenta da Deputación semella emendar as súas palabras”, explicou.
Ante esta situación, o voceiro popular insiste en que “neste asunto temos que ir todos da man e mirar máis aló das ideoloxías, temos que mirar polo ben dos nosos veciños e defender os seus intereses, porque as condicións das que se fala son inasumibles para o sector”.
O acordo que defenderán os deputados populares contempla esixir ao Goberno de España que protexa o sector primario, defenda as cláusulas de salvagarda no acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur ante posibles ameazas e garanta e intensifique os controis de fronteira co fin de que os produtos agroalimentarios de terceiros países que pretendan comercializarse no mercado comunitario cumpran os mesmos estándares de calidade, sanidade e benestar animal que os esixidos na Unión Europea; así como instar á Xunta de Galicia a reclamar ante o Goberno central estas peticións e a seguir intensificando as medidas de apoio ao sector primario, especialmente no ámbito da sanidade animal, a prevención de enfermidades, as compensacións por perdas e o control da fauna salvaxe que afecta ás explotacións.
Antonio Ameijide explica que “tamén é necesario facer unha fronte común para reclamar unha nova Política Agraria Común con fondos suficientes e diferenciados, que permita asegurar as axudas directas a gandeiros e agricultores para promover a remuda xeracional e, ao mesmo tempo, asegurar un adecuado desenvolvemento rural”.
Para o voceiro popular “é fundamental” acadar un acordo xa que ante a próxima sinatura do acordo comercial entre a Unión Europea e o Mercosur, que está xerando reivindicacións e manifestacións de gandeiros e agricultores en toda España, tamén en Galicia, “temos que ser consecuentes e defender os intereses do noso sector primario”.