Partido Popular de Lugo

Antonio Sánchez presenta en Lugo a experiencia de ‘Madrid Talento’ na xestión de recursos humanos na Administración Pública

Lugo, 9 de xaneiro de 2026. A sede do Partido Popular de Lugo acollerá o xoves 15 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, unha nova conferencia do ciclo #EspazoAbertoPopular con Antonio Sánchez Díaz como protagonista para presentar a experiencia ‘Madrid Talento’.

Baixo o título “Necesitamos un nuevo servidor público. La experiencia de Madrid Talento”, o director xeral de planificación de RRHH do Ayuntamiento de Madrid ofrecerá unha conferencia aberta ao público sobre unha experiencia aplicada e práctica desenvolta no Ayuntamiento de Madrid relacionada cun novo modelo de xestión de recursos humanos na Administración Pública.

Antonio Sánchez Díaz aposta por transformar a Administración Pública para que “siga cumpliendo con su propósito de servicio a la sociedad”. Así, defende a necesidade dun novo modelo de servidor público para que a Administración Pública se adapte á nova realidade social.

‘Madrid Talento’ diríxese a “garantizar que la ciudad cuenta con los mejores profesionales a su servicio, atrayendo el mejor talento al servicio público y cuidando la experiencia de empleado, siempre con las herramientas de la innovación y la comunicación”.

Con esta conferencia, o ciclo #EspazoAbertoPopular continúa consolidándose como un espazo aberto á sociedade lucense a través de conferencias, presentacións e coloquios sobre asuntos de interese social promovidas polo PP dea provincia de Lugo co obxectivo de impulsar unha política útil, próxima e comprometida cos lucenses.

TRAXECTORIA PROFESIONAL

Antonio Sánchez Díaz é funcionario por oposición do Corpo Superior de Administradores Civiles do Estado. Formado en institucións como ICADE, ESADE e IESE, desempeñou diversos postos como director xeral de Coordinación da Administración Periférica del Estado e director xeral da Mutualidad General de Funcionarios Civiles del Estado (MUFACE).

Actualmente é director xeral de planificación de RRHH e responsable da iniciativa ‘Madrid Talento’ orientada a atraer talento externo ao Ayuntamiento de Madrid e coidar o talento interno.