Lugo, 5 de xaneiro de 2026.– Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- consideran, tras a resposta do Goberno de Sánchez ás preguntas formuladas en relación á okupación dunha vivenda en Xove, que “urxe a tramitación da Proposición de Lei anti-okupación presentada polo Partido Popular, aprobadaSenado e que permanece no caixón do Congreso dos Deputados”para dispoñerde ferramentas coas que dotar de seguridade xurídica aos propietarios ante este fenómeno social que “preocupa ás familias e veciños que se senten indefensos”.
O Goberno de España limítase a informar sobre a diferencia entre os delitos recollidos no Código Penal relacionados coa ocupación de inmobles –allanamientode morada ou usurpación de inmobles- e os protocolos de actuación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado de acordo ao ordenamento xurídico vixente. No primeiro caso desaloxando de forma inmediata tras presentar a denuncia e no segundo, agardando unha orde de desaloxo previa. “A resposta do Goberno de Sánchez vén a dicir o que xa sabiamos: que se precisa unha orde do xulgado” e, “normalmente, tardan”, inciden.
Os populares reivindican “o dereito dos propietarios” e a necesidade de establecer un marco xurídico que permita o desaloxo exprésen 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro que son algunhas das medidas que recolle a coñecida como Lei Antiokupación. Proposta polo Partido Popular, conta coa luz verde do Senado desde febreiro de 2024 -a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG- e a súa tramitación atópase paralizada no Congreso dos Deputados, comomoitas outras Leis Feijóo”.
Os representantes do PP no Senado recordaron que hai poucos días se aprobaba tamén na Cámara Alta— tamén co voto en contra do PSOE e do BNG — a toma en consideración dunha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións (auga, luz, gas…) dunha vivenda okupada non sexa considerado delito de coacción. Incluso,“este é o novo criterio xudicial fixado polaAudiencia de Barcelona”.