Partido Popular de Lugo

O PP esixe a Ana Pontón que aclare se o BNG aceptará os votos de Tomé e García Porto para manter a vicepresidencia da Deputación de Lugo

O portavoz provincial popular, Antonio Ameijide, esixiu hoxe á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que “aclare dunha vez se o seu partido está disposto a aceptar o voto de José Tomé, presunto acosador sexual, e de Pilar García Porto, encubridora, unicamente co propósito de conservar a vicepresidencia da Deputación de Lugo”.

Antonio Ameijide lamentou que, pese ás declaracións realizadas por Ana Pontón, “o BNG sugue sen responder á pregunta clave que preocupa a toda a provincia: se van a soster ou non un goberno provincial cos votos de José Tomé e de Pilar García Porto”.

O popular denuncia que “Ana Pontón non é que non vai a formar parte dun goberno cun presunto acosador sexual, é que xa leva varias semanas nun goberno provincial presidido por un presunto acosador e codirixido por unha das encubridoras confesas, falta saber se o van a prorrogar e aceptar os votos de ambos”.

Neste senso, o portavoz popular insistiu na necesidade dunha dimisión completa e inmediata tanto de José Tomé como de Pilar García Porto. “Non chega con renunciar á presidencia da Deputación, a institución non estar manchada por persoas salpicadas por acusacións tan graves que condicionan a gobernabilidade da Deputación”, afirmou.

Antonio Ameijide lembrou que no pleno celebrado onte na Deputación de Lugo, Pilar García Porto recoñeceu publicamente que, de non ter transcendido este escándalo, non se tería adoptado ningunha medida por parte do PSOE da provincia de Lugo. “Recoñecer este extremo demostra que nunca tiveron unha vontade real de actuar ata que o caso se fixo público”, denunciou.

Para Ameijide resulta “incoherente e hipócrita” que mentres os deputados nacionalistas optan por non acudir ás xuntas de goberno mentres as presidiu José Tomé, así como non asistiron ao pleno extraordinario non que se deu conta da súa dimisión, seguen sen responder a se van aceptar ou non os votos de Tomé e de García Porto. “O silencio do BNG apunta a que están dispostos a aceptar eses votos para manter a vicepresidencia da Deputación”, denunciou.