Viveiro (Lugo), 14 de decembro de 2025. O senador popular José Manuel Balseiro defenderá unha moción coa que busca que o Goberno de España desbloquee a cesión do antigo colexio Pedrosa Latas de Celeiro. A iniciativa que será obxecto de debate e votación na vindeira sesión da Comisión de Seguridade Social da Cámara alta, prevista para este luns, 15 de decembro, ás 15.30 horas, reclama o traspaso da titularidade deste inmoble a favor do Concello de Viveiro.
Os populares lembran que xa existe un acordo do Pleno Municipal deste municipio lucense que, en xuño de 2025 aprobou, por ampla maioría, solicitar a cesión deste inmoble que, na actualidade, está sen e uso en situación de deterioro, o que resulta especialmente incomprensible nunha localidade onde se precisan novosinmobles de uso público.
“Non é a primeira vez que se formaliza esta demanda” -explica Balseiro- “pero o Goberno de España, de PSOE e Sumar, apoiado polo BNG, preferiu ter estas instalacións pechadas e deteriorándose a autorizarunha cesión gratuíta a favor do concello.” O senador vai máis alá e incluso acusa ao Executivo que preside Pedro Sánchez de pretender “facer negocio coa venda deste vello colexio” pois lembra“saíu a subasta por máis de 400.000 euros, senéxito, probablemente polo mal estado do inmoble.”
Ao acordo municipal súmanse outros moitos como o alcanzado noano 2021 no Parlamento de Galicia, tamén a iniciativa do Grupo Popular,que logrou que se aprobase por unanimidade solicitar a cesión gratuíta desteben ao Concello. “Nin a Seguridade Social, nin os responsables dogoberno local, naquel momento, o bipartito entre PSOE e BNG, demostraron interese en cumprir este acordo.”
O antigo colexio “Antonio Pedrosa Latas” é hoxe propiedade daTesourería Xeral da Seguridade Social tras a cesión do solar onde se localizapor parte da Confraría de Pescadores e da Unión de Fabricantesde Conserva.Inaugurado en 1955, permaneceu en activo ata o ano 1998, candotoda a actividade lectiva pasou ao novo colexio. Desde aquel momento afalta de atención e mantemento do seu propietario –o Estado- especialmente estes últimos anos, levou a unha deterioración paulatina do inmoble.
GOBERNO E PSOE BOICOTEARON CALQUERA ACORDO
Balseiro tamén lembra que ao longo de todos estes anos diferentes proxectos centraron o seu interese neste vellocolexio, como o que prevía a súa rehabilitación para albergar a escolaoficial de idiomas (onde incluso, nun acordo inédito entre institucións a Xunta de Galicia estaba disposto a cofinanciar a súa rehabilitación) ou outros máis recentes que prevén destinalo, unha vez adaptado, para o tecidoasociativo local.
“Ningunha destas iniciativas prosperaron” -lamenta Balseiro- “debido ao bloqueo do Goberno de España e á falta de vontade do PSOE que, pese ás promesas, nunca materializou esta cesión incluso cando se trataba de negociar cun goberno da súa mesma cor política, que claramente agora bloquea calquera acordo”.