Partido Popular de Lugo

O PP de Muras cuestiona a defensa do alcalde da ‘Marca Muras’ toda vez que “as grandes citas do municipio que organiza o seu goberno van a menos”

Muras, 5 de decembro de 2025. O Partido Popular de Muras cuestiona a defensa do alcalde da ‘Marca Muras’ toda vez que “as grandes citas do municipio relacionadas con produtos locais van a menos. Todo o que el toca, arruínao”.

A portavoz popular, Eugenia Requeijo, lembra que “a actividade económica maioritaria en Muras é a gandería”; pero “a Feira do Poldro cada vez conta con menos animais do noso municipio”. A Feira do Mel da Montaña, celebrada recentemente, “contou este ano cun só produtor local e outro expositor do municipio” e para a Romaxe Artesá da Chaira non hai artesáns en Muras”.

E tomando como exemplo, os grandes eventos do municipio: “tampouco se preocupa por potenciar as festas do patrón, San Pedro, con algún atractivo para dar vida a Muras”.

A popular convida, polo tanto, ao alcalde nacionalista a “rectificar cando dá información errónea” tras ver “se empeña en culpar á oposición para tratar de desviar a atención das cousas que non fai el mesmo dende o goberno municipal”.

Así mesmo, pregúntase cal é a defensa da ‘Marca Muras’ que fai o propio alcalde cando gasta noutro municipio da provincia da Coruña o diñeiro que gaña en Muras.

Eugenia Requeijo insiste en que “non teño nada que ver cos cargadoiros noutros concellos”; aínda que “sempre apoiarei as iniciativas que beneficien aos gandeiros e gandeiras”. E asegura que “calquera dos membros do Partido Popular de Muras defendemos máis a ‘Marca Muras’ que o alcalde porque coidan e poñen en valor o territorio con explotacións gandeiras de carne de vacún e equino, explotacións apícolas, etc.”.

SOLO INDUSTRIAL

A portavoz popular pídelle ao alcalde, en relación ao solo industrial no municipio, que “explique aos veciños e veciñas as xestións que fixo dende o Concello” para dotar a Muras de máis solo industrial e que medidas adoptou, dentro das súas competencias, “para fomentar o asentamento de empresas ou favorecer a ampliación das existentes”.