Partido Popular de Lugo

O PP levará iniciativas a todas as administracións para esixir ao Goberno de Sánchez que desbloquee, tras case 3 anos, a Lei antiocupación, xa aprobada no Senado

Mércores, 3 de decembro de 2025. O Partido Popular presentará iniciativas en todas as administracións nas que ten representación para esixir ao Goberno do Estado a avanzar na tramitación da lei contra a ocupación ilegal, xa aprobada polo Senado.

Así o anunciaron os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Demetrio Salgueiro (tamén alcalde de Xove), acompañados da deputada no Congreso, Ana de Bande, e outros representantes do Partido Popular.

Os populares recordaron que hai poucos días aprobouse hai uns días no Senado — co voto en contra do PSOE e do BNG — a toma en consideración dunha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións dunha vivenda ocupada non sexa considerado delito de coacción.

A deputada no Congreso, Ana de Bande, afirmou que “ao propietario protéxeselle e ao okupa se lle desokupa”. Desde o ano 2017 disparouse a ocupación de vivendas na provincia de Lugo un 218% e nos 7 anos de Goberno do PSOE ocupáronse na provincia de Lugo 137 vivendas.

Ana de Bande recordou que “é inconcibible “que o Goberno teña paralizadas a lei antiocupación que aprobou o Senado presentada polo Partido Popular, e que agora está bloqueada no Congreso. Unha lei na que propoñemos desocupación ás 24 horas, non dar de alta no padrón ao okupa, ademais de que non sexan delito deixar o propietario de pagar as subministracións de auga ou de luz como suceden na actualidade.

A proposta diríxese agora ao Congreso “onde agardamos que non quede nun caixón como outras Leis aprobadas no Senado e que están bloqueadas no Congreso”.

Entre esas iniciativas paralizadas atópase tamén a coñecida como Lei Antiokupación — que conta coa luz verde do Senado desde febreiro de 2024, tamén a pesar do voto en contra do PSOE e do BNG —. Esta lei recolle medidas como o desaloxo exprés en 24 horas, a prohibición de empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro.

Ademais, a deputada popular no Congreso recordou que “onte mesmo coñeciamos os datos de criminalidade máis recentes do Ministerio do Interior e vemos como a taxa por criminalidade por cada 1.000 habitantes de xaneiro a setembro de 2018 era un 16,1 e subiu seis puntos de xaneiro a setembro de 2025, ata 22,1 na provincia de Lugo”.

Pola súa banda, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recordou a “inxustiza” da ocupación ilegal de vivendas “que é evidente”, e urxe unha solución para casos coma os rexistrados tanto en Xove como en Viveiro, así como noutras moitas localizacións da provincia, de Galicia e do conxunto de España.

Ameijide lamentou “a negativa do PSOE e do BNG a apoiar medidas contra a ocupación” o que deixa en evidencia unha desconexión cos reclamacións cidadáns. “Os veciños piden protección e axilidade, mentres estes partidos optan polo bloqueo e polo atraso na tramitación das leis”, sinalou.

A pasividade ou o bloqueo destas forzas políticas está a perpetuar un problema que afecta directamente á convivencia e á seguridade das familias. “Mentres dende o PP promovemos reformas para dar respostas claras, outras formacións seguen negándose a actuar ou mesmo minimizan o impacto real da ocupación ilegal”, lamentou.

Pola súa banda, o deputado provincial e alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, recordou como neste municipio existe unha repulsa xeneralizada ante estes feitos, acompañada dunha fonda preocupación social pola falta de ferramentas legais eficaces fronte a situacións que xeran inseguridade e indefensión.

Deste xeito, Demetrio Salgueiro explicou que nas últimas semanas aumentou notablemente a instalación de alarmas e sistemas de seguridade nos domicilios, especialmente entre persoas maiores, que amosan un temor crecente a que se xeneralicen casos coma o que hoxe nos reúne. “A cidadanía percibe que a lei actual non ofrece unha resposta áxil, e demanda protección inmediata fronte á okupación ilegal”, lamentou.