Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo alerta da alta sinistralidade na N-540 e urxe ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral do firme que non está a acometer”

Os senadores do Partido Popular de Lugo –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Carlos Serrano- compareceron este luns xunto aos alcaldes e voceiros municipais dos concellos afectados para advertir da “alta sinistralidade” na N-540, segundo datos oficiais do Executivo, e reclamar ao Goberno de Sánchez unha intervención urxente e integral na estrada N-540 para garantir a seguridade entre Lugo e Ourense; xa que se atopa nun estado “intransitable”.

Segundo a información oficial do propio Executivo, a vía rexistrou máis de 600 accidentes entre os anos 2020 e 2023 e moitos destes sinistros estiveron provocado polo mal estado do firme e/ou pola presenza de baches, unha circunstancia que, segundo, os populares, “demostra claramente o perigo que supón circular por esta estrada e que o deterioro do firme é un factor determinante en moitos sinistros”.

En resposta a outra pregunta dos representantes do PP lucense no Senado sobre a intención do Goberno de Sánchez para renovación integral del pavimento en todos los puntos quilométricos da vía na provincia, o Executivo asegura ter en execución a rehabilitación integral do firme entre os puntos quilométricos 0 e 69. “Pero a realidade é que hai moitas zonas nas que non se realizou ningunha obra. E nos puntos nos que si actuaron son chapuzas que non duran nin 2 días”.

Nese sentido, insisten en que a vía precisa unha rexeneración profunda e completa que poña fin a anos de deterioro debido á falta de inversión e mantemento parte do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

“Trátase dun claro castigo á nosa provincia” por parte do Goberno de Sánchez que “está máis centrado noutros asuntos que incluso levaron ao cárcere a un dos seus ex ministros -e, precisamente, responsable da área de Transportes- que en resolver os problemas reais da xente: dos lucenses e de tódolos españois”, indicaron.

SITUACIÓN CRÍTICA

Os populares aseguran que “a situación é crítica”. De feito, xa se teñen realizado protestas polo mal estado desta vía, comunicación fundamental entre Lugo e Ourense.

“Hai zonas especialmente perigosas con grandes baches que obrigan aos condutores a transitar a moi baixa velocidade para intentar evitar sinistros ou danos nos seus vehículos”, explican.