Os primeiros pagos da tregua do PSOE comezaron a darse o pasado venres na xunta de goberno provincial na que, entre outras decisións, José Tomé asinou un convenio co Concello de Castroverde por valor de 562.677,58€ “no que é o primeiro cheque que teremos que pagar todos os lucenses para asegurar que o presidente da Deputación terá nos vindeiros plenos aos deputados díscolos nas súas cadeiras”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, pregunta directamente a José Tomé “canto nos vai a costar a tregua interna do PSOE para que o presidente poida contar con todos os seus deputados nos plenos” xa que “está moi claro que esta tregua é temporal”. “Canto nos van a custar a todos os lucenses as facturas para manter a Tomé na presidencia da Deputación?”, preguntou.
A proposta aprobada o pasado venres en xuntade goberno é para un convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Castroverde para colaborar no financiamento de varias actuacións, polo que a Deputación achegará 281.338,79€ dos 562.677,58€ do total do convenio.
TRATO DESIGUAL
“Estamos ante un novo exemplo da política de amiguetes de José Tomé que senón fóra pola presión de ver como tres deputados se ausentaron do último pleno non realizaría ningún tipo de colaboración con este concello” ao que engadiu que “e seguiría a pagar as ocorrencias dos seus amiguetes, como en Pol municipio ao que nas últimas semanas destinou 500.000€ para pagar calefacción nas gradas dun campo de fútbol ou a compra dun supermercado”.
Neste senso, recorda como no que vai de 2025 José Tomé xa repartiu a dedo máis de 3.5M€ en máis de 20 convenios aprobados en xunta de goberno a porta pechada e “aínda falta a recta final do ano que é cando o reparto experimenta un crecemento ata chegar incluso, como no 2023, ata os 15M€ repartidos maioritariamente entre concellos gobernados polo PSOE e polo BNG”.