Partido Popular de Lugo

O PP de Monforte pregunta a Tomé que fixo para chegar aos 40 traballadores que afirmou tería Logirail en 2025 “que na realidade quedaron no 25%”

Monforte, 10 de xullo de 2025. Os concelleiros do PP de Monforte pregunta a José Tomé que de certo había no anuncio que realizou tempo atrás, no que afirmaba que en 2025 en Monforte habería 40 traballadores na plataforma de ciberseguridade de Renfe, “un anuncio ou promesa do alcalde que, unha vez máis, quedou nun simple titular dun día”.

A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, recorda que ademais Tomé afirmara no seu momento que se crearían ata 100 postos de traballo nesta plataforma vencellada ao sector ferroviario: “Tomé é o maior vendedor de fume da historia de Monforte e aquí temos unha mostra máis”.

«O único que hai de certo é que estamos en 2025 e seguimos con 10 traballadores. É certo que son profesionais altamente cualificados, pero tamén é certo que non contan cunhas condicións laborais acordes a súa categoría profesional”, afirmou Varela.

A realidade é que as condicións laborais que teñen estes 10 empregados “son precarias, motivo polo que están a realizar protestas para facer pública a súa situación. Neste senso, tanto Katy Varela, como o deputado no Congreso, Francisco Conde; como a deputada autonómica, Raquel Arias; achegáronse a unha das concentracións destes traballadores para coñecer de primeira man a realidade que sofren a diario.

“Puidemos falar con eles é están nunhas condicións complicadas”, afirmou Varela, que engadiu que “estamos ante unha nova tomadura de pelo de Tomé, que presumiu de que se crearían 100 postos de traballo altamente cualificados, pero a xente xa sabe de sobra como traballa: moita propaganda e promesas, pero sen realidades».

PREGUNTAS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS

Dende o PP de Monforte recorda que os empregados da plataforma de ciberseguridade de renfe en Monforte, Logirail, atópase realizando protestas polas súas condicións laborais, motivo polo que o deputado no Congreso, Francisco Conde, presentou diversas iniciativas para coñecer máis sobre a situación destes empregados, pois as protestas son xeneralizadas en todo o país.