Madrid, 5 de maio de 2025. O Senado insta ao Goberno de España a crear a gran senda do Navia e integrala na rede estatal de Camiños Naturales sen votos en contra e coa abstención do PSOE, o que demostra que “non apoia” a creación desta senda peonil e cicloturista no entorno do río Navia.
É máis, durante o debate, o PSOE recoñeceu que “este proxecto non é prioritario para o Goberno de Sánchez” da man dun senador de Andalucía que tivo que defender a abstención do seu grupo en contra das demandas de alcaldes galegos e asturianos de distintos signo político.
Polo Grupo Popular, o senador lucense José Manuel Balseiro defendeu este luns na Comisión de Agricultura, Ganadería y Alimentación unha iniciativa para instar ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, concretamente, a que no marco do Programa Caminos Naturales ou mediante unha iniciativa específica recupere, financie e execute a gran senda do Navia declarándoa obra de interese xeral para o seu uso sendeirista e cicloturista.
Este proxecto interautonómico promovido dende a sociedade civil -colectivos como a Sociedad Amigos de Boal- e co apoio das Federacións de Montaña de Galicia y Asturias e a Fundación Parque Histórico del Navia para a creación dunha gran ruta que percorre 16 concellos (7 lucenses e 9 asturianos) de 4 comarcas da Montaña de Lugo e o suroccidente de Asturias no entorno do río Navia.
“Pídolles que atendan a demanda dos máximos representantes dos 16 Concellos”, subliñou. De feito, os 16 Concellos de distintas cores políticas, pero unidos por un ben para todos, veñen de estampar a firma dun convenio marco de actuación. “As administracións teñen que apoiar o proxecto. E o Ministerio se ten vontade, tamén podo facelo”.
A iniciativa xa lograra o apoio expreso da Deputación de Lugo, o Goberno de Asturias e tamén da Comisión de Agricultura, Pesca y Alimentación do Congreso dos Deputados que na sesión do 27 de abril de 2022. Pero, “os promotores seguen sen saber nada oficialmente”.
Balseiro preguntou “se lucenses e asturianos somos cidadáns de segunda” e “por que merecemos un trato diferente” á vista de que o Ministerio presume de financiar e executar a rede de Caminos Naturales de España que teñen os mesmos obxectivos que a Gran Senda do Navia, pero non ten entre as súas prioridades a execución deste proxecto como confirmou por escrito recentemente en resposta a unha pregunta dos senadores lucenses. “Esta negativa do Goberno de Sánchez é un erro que debe ser rectificado”, incidiu. “Galegos e asturianos non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos”.
O senador popular tamén preguntou por que se desdín do acordo no Congreso por unanimidade e insistiu en que “querer é poder” e, polo tanto, é cuestión de “vontade”.
UN REVULSIVO PARA CATRO COMARCAS DE LUGO E ASTURIAS
Esta ambiciosa iniciativa que aproveitaría os camiños tradicionais existentes e recuperando outros en desuso converteríase nun “revulsivo” e un “sopro fresco” para o territorio; xa que permitiría “divulgar a riqueza paisaxística, patrimonial e cultural” e fomentar “a dinamización turística, recreativa, medioambiental creando emprego e riqueza que favoreza fixar e atraer poboación”. Ademais, permitiría conectar os tres Camiños de Santiago (Francés, Primitivo e do Norte) que son Patrimonio Mundial.
O proxecto foi presentado ao Goberno de España no 2018 e precisaría dun orzamento estimado de 4,2M€ para o seu desenvolvemento. Posteriormente, como ocorre co Camiño de Santiago, cada Concello debera ocuparse do seu mantemento.