Luns, 5 de maio de 2025. Os deputados populares Antonio Ameijide, Luis Fernández e Héctor Corujo visitaron o complexo turístico de Augas Mestas, no concello de Quiroga, e amosaron “o súa tristura e impotencia” ao ver como “a nula intención” de PSOE e BNG na Deputación de Lugo “por impulsar e poñer en marcha estas instalacións que poderían e deberían de ser un referente turístico na provincia”.
O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “con 100.000€ é imposible dar a estas instalacións toda a importancia que merecen” xa que “tras 18 anos de abandono por parte de PSOE precísase un compromiso moito maior” para recuperar e poñer en valor esta zona que “debe ser un referente turístico no sur da provincia”.
Este área recreativa, construída no ano 1996 pola Deputación cun goberno do Partido Popular a fronte, tiña como obxectivo dinamizar o turismo na Ribeira Sacra poñendo en servizo un área máis a disposición dos turistas que chegan á provincia, pero dende que o PSOE e o BNG chegaron ao goberno da Deputación “ningunha das dúas formacións tivo interese en poñelo en marcha, como certifica que baixo o seu mandato nunca abriron as súas portas”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, ve en Augas Mestas “o exemplo perfecto” da “nefasta política en materia de turismo” do goberno provincial. “Nunca se preocuparon por captar máis turistas, nin por mellorar a atención que se dá aos que nos visitan nin por facilitar os seus desprazamentos”, lamentou.
O complexo de Augas Mestas, foi un proxecto pioneiro moi adiantado á súa época, construído por un goberno do PP, conta con varias zonas diferenciadas:
- Unha de bungalows, que se pode ver como están abandonados e mesmo algúns deles tapiados
- Unha zona aberta para a acampada de autocaravanas ou tendas
- Varios edificios que serían os aseos e duchas, así como a recepción e un restaurante
- Dúas piscinas, unha para adultos e outra para nenos
- Varias casas de pedra, na zona exterior do recinto, diferenciadas dos bungalows
- Pantalán de acceso ao río para embarcacións
“É unha mágoa ver como PSOE e BNG abandonaron estas magníficas instalacións a súa sorte e que, semella, foron obxecto de saqueos, xa que hai numerosas pezas de mobiliario que se aprecia que faltan”, denunciaron.
A realidade é que o complexo de Augas Mestas podería converterse nun referente turístico na Ribeira Sacra “pero nin PSOE nin BNG teñen interese por mellorar a economía desta zona da provincia” xa que coa posta en marcha destas instalacións xeraríanse numerosos postos de traballo na zona sur, tanto directos como indirectos.