Samos, 24 de abril de 2025. O voceiro do Partido Popular de Samos, Miguel Gallego, advirte de facturas do ano pasado do Concello sen pagar por importe de 60.000€. “Agora entendemos porque a alcaldesa estivo máis dun ano sen facilitar á oposición os acordos adoptados nas xuntas de goberno: pretendía ocultarnos ese burato de 60.000€ en facturas sen pagar do ano pasado, que tiveron que meter nos presupostos deste ano e para as que o goberno local aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito”.
Os populares non entenden como “o goberno bipartito non paga as facturas do Concello: xa leva máis de medio millón de euros gastados nas sucesivas modificación de créditos. Ademais, algunhas facturas eran de menos de 20€, algo irrisorio para un Concello que recibiu completamente saneado e con remanente”.
Gallego explica que preguntou no Pleno cal era o tempo medio de pago das facturas e a alcaldesa asegurou que era de menos dun mes. “Pero, unha vez vistas as actas das xuntas de goberno, atopámonos con facturas pendentes de pago con máis de medio de ano de antigüidade. Polo tanto unha vez máis a alcaldesa méntenos a nos e aos veciños”.
O portavoz popular cre que “a xestión que está levando este equipo de goberno vai supoñer un descalabro financeiro que van ter que pagar todos os veciños e veciñas vía impostos. De seguir así, todo indica que terán que subir as taxas e impostos municipais”, advirte.
Gallego: “Dende a oposición non entendemos en que se gasta o diñeiro. As poucas obras que se fan veñen subvencionadas, os servizos socias son pésimos e a maquinaria está parada e nin sequera se pagan facturas de 6,50€. Coma sempre, estamos esperando a ver a quen culpa a alcaldesa do seu desgoberno”.